Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 26.04.2020 Actualizado 00:00
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Maré

Memoria

Falece aos 101 anos o galeguista Serafín Martínez

·· Coñecido como o "médico dos pobres"

. REDACCIÓN   | 11.01.2008 
A- A+

O histórico galeguista Serafín Martínez Malvar, Don Serafín, como era coñecido popularmente, faleceu o xoves pasado en Redondela aos 101 anos de idade.

Serafín Martínez, médico de profesión, compartiu clínica co oculista José Pardo Babarro, un home de ideoloxía anarquista que faleceu na fronte de guerra en 1936.

Como Babarro, Serafín é un deses persoeiros que pasarán á historia pola súa loita por Galicia nun momento no que declararse galeguista podía significar perdelo todo, ata a vida.

Don Serafín deixou unha extensa familia con catro fillas, trece netos e once bisnetos, aos que adoraba. "Nunca tiven unha desculpa para deixar de atender un enfermo alá onde estivese", dicía nunha entrevista que concedeu con motivo do seu 100 cumpreanos.

Serafín Martínez Malvar mantivo ao longo da súa vida un especial compromiso cos máis desfavorecidos, aos que non lles cobraba as consultas. Os seus veciños lembrarano, sen dúbida, como o "médico dos pobres".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS