Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Maré

centenario

Os falsos respectos

31.07.2010  Ézaro reedita unha das últimas novelas de Torrente Ballester, "La boda de Chon Recalde", que retrata a sociedade ferrolá de posguerra

3.0/5 [2 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

EUROPA PRESS . FERROL

Torrente Ballester describiu unha sociedade que vivía entre “límites e graos”, na que a clase militar era a A
Torrente Ballester describiu unha sociedade que vivía entre “límites e graos”, na que a clase militar era a A

Ézaro Ediciones reeditou La boda de Chon Recalde en coincidencia co centenario do nacemento do seu autor, Gonzalo Torrente Ballester, e cunha invitación a realizar unha lectura en "clave ferrolá".

La boda de Chon Recalde, presentada no Museo da Exposición Naval de Ferrol, é unha historia realista que ten lugar na Galicia da posguerra española. Conta a historia de dúas irmás que van vivir a Villarreal del Mar (Ferrol) xunto á súa tía Rosa tras o fusilamento do seu pai e a posterior morte da súa nai. O seu principal obxectivo é atopar un bo partido para casar.

Torrente Ballester, nunha das súas últimas novelas, atrasa unha sociedade trasnoitada, hipócrita e machista, con tres clases sociais diferenciadas e marcada polos prexuízos sociais que emanan da omnipresenza da Armada.

A edición complétase con tres traballos sobre a novela, encamiñados a estudar a realidade política, social e cultural da cidade, e os valores literarios dunha obra na que o seu editor, o profesor José Antonio Ponte Far, invita a facer unha "lectura ferrolá", interpretando as claves dunha sociedade clasista, diferente en moitos aspectos á doutras cidades galegas. Ponte Far incide sobre todo en varias características que determinan a sociedade ferrolá dos anos 20 ós 40 do pasado século e que a converten nunha cidade "sui generis" e "diferente" á doutras cidades: a dependencia do Estado, o illamento xeográfico e a omnipresenza militar.

O propio Torrente Ballester escribe que se vive entre "límites e graos". "A clase militar, a clase A, sabe que o seu límite é ser almirante, hai uns graos que se reflicten no uniforme que usan pola rúa; a clase B ten como límite ser dono da tenda que rexenta, e a clase C limítase a poder entrar nos estaleiros", explicou Ponte Far, relatando a Torrente Ballester. É unha sociedade "encorsetada" e cunha "ordenación social ríxida", na que "estaba mal visto que un mariño levase unha bolsa na man ou collese a un neno no colo", na que as mulleres sofren ademais a "tentación pola aparencia, aínda que na casa non se teña que comer".

Son mulleres marcadas pola "importancia da castidade" que pode ser o "único patrimonio que a muller leve ó matrimonio" e, cuxa ordenación social xorde "pola cabeza: as de clases populares non podían levar nada, a clase media podía pór veo e só chapeu as da clase A".

A reedición desta obra literaria xorde, con carácter reivindicativo, do Concello de Ferrol, para conmemorar o centenario do nacemento de Torrente Ballester.

A CERNA

La boda de Chon Recalde, do 1997, é unha das últimas novelas de Torrente Ballester, xunto con Los años indecisos, do mesmo ano, e Doménica, do 1999. O legado literario de Ballester abrangue máis de vinte obras de narrativa, entre as que cómpre salientar Los gozos y las sombras, La saga/fuga de J.B.; La isla de los Jacintos Cortados; La rosa de los vientos; Filomeno, a mi pesar e Crónica del rey pasmado.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS