Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Maré

idioma

Feijóo advirte que "non se pode xogar coa lingua"

30.10.2009  O presidente galego asegura que está "de acordo" coa Lei de Normalización e non prevé facer cooficial o topónimo castelán da Coruña

1.0/5 [1 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

E.P.

Feijóo, onte en San Caetano
Feijóo, onte en San Caetano

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou onte que "está de acordo" coa Lei de Normalización Lingüística e que non prevé a súa modificación para facer cooficial o topónimo castelán da Coruña despois do acordo adoptado polo pleno do Concello coruñés o pasado luns.

En concreto, os edís do PSdeG e do BNG que integran o grupo de goberno no Concello da Coruña rexeitaron, nun pleno extraordinario convocado a iniciativa do PPdeG, instar á Xunta de Galicia a poñer en marcha os "mecanismos necesarios" no Parlamento para autorizar a legalización de "La Coruña".

Así as cousas, Núñez Feijóo advertiu de que "non se pode xogar coa lingua" e trasladou o seu "máximo respecto" á autonomía local, aínda que se mostrou disposto a modificar a súa postura -sobre cambiar a lexislación vixente para aceptar a dobre toponimia- se o concello llo pide.

"Se un municipio leva demandando a dobre toponimia durante máis de 20 anos hai que telo en conta", argumentou. Con todo, manifestou a súa "sorpresa" pola carta que lle remitiu o alcalde da Coruña, o socialista Javier Losada, na que puxo de manifesto a vontade do pleno municipal sobre a cooficialidade xa que manifestou "de forma clara" nun acordo plenario do 2004. "Un acordo anterior ao que aprobaron o luns", engadiu.

"Na Coruña hai un alcalde que vota sen votar e un tenente de alcalde -o nacionalista Henrique Tello- que dimite sen dimitir", reprobou e volveu pedir "que non xogue coa lingua". "Nin a dicir unha cousa e a contraria a 50 quilómetros de distancia", advertiu o PSdeG.

 

O PP concorda con "cumprir" o Plan de Normalización

Neste contexto, insistiu en que o PP está de acordo "en cumprir" o Estatuto, a Lei de Normalización Lingüística e o Plan de Normalización, malia que o seu grupo votou en martes en contra dunha moción do BNG para cumprir a legalidade vixente ao respecto da toponimia galega, por considerala "altofalante do cinismo" do PSOE.

"O Grupo Parlamentario Popular deixouno claro na Cámara", aseverou Feijóo e engadiu que a proposta "alternativa" dos "populares" se parecía "moito" a unha resolución aprobada por unanimidade no último Debate sobre o Estado da Autonomía.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS