Mércores 08.09.2010  | Actualizado 17.01      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

certame

O fime "Celda 211" abrirá o Festival de Cine de Ourense

01.10.2009 Proxectarase o día 10 de outubro

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

J.M.F./AGN

A película Celda 211, do cineasta Daniel Monzón, inaugurará a XIV edición do Festival Internacional de Cine de Ourense, que se desenvolverá entre os días 10 e 17 de outubro na capital das Burgas e que contará cun total de 53 producións entre longametraxes (13), curtametraxes (30) e documentais (10) que competirán nas diferentes seccións e que foron seleccionadas entre 1.250 filmes que se presentaron ó festival.

A película inaugural, de produción galega e que conta entre o seu cartel de actores con Luis Tosar, será proxectada tras o acto de apertura oficial do certame, que se desenvolverá o día 10 de outubro.

O xerente do festival, Enrique Nicanor, salientou algunhas seccións como Amores Difíciles nas que se tratarán "as dificultades das parellas a través das películas de todo o mundo", a de Cine Emigración "que é xa tradicional", "cine e Muller" ou "Cine nas aulas".

Por outra banda, manifestou que se poderá visionar unha selección de películas de Hungría, que conta cunha "excelente cinematografía" xa que ten "calidade de directores e produtores".

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS