Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 20.09.2019 Actualizado 20:16
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Maré

MARÉ HOXE

Freixanes, autor do ano

Víctor F. Freixanes acaba de ser recoñecido co Premio Irmandade do Libro ao Mellor Autor do ano 2010 pola súa novela ‘Cabalo de ouros’, a primera obra de ficción que publicou en dezasete anos tras a anterior, ‘A cidade dos césares’, do 1993. Tamén foi escollido pola súa traxectoria e defensa da lingua e a literatura galegas

REDACCIÓN   | 30.03.2011 
A- A+

patricia santos
Víxtor Freixanes foi escollido polos libreiros poa súa obra ‘Cabalo de ouros’, ademais de por toda a súa traxectoria e defensa da lingua e da literatura galegas
FOTO: patricia santos

Víctor F. Freixanes acaba de recibir o Premio Irmandade do Libro ao Mellor Autor do ano 2010, galardón que concede anualmente a Federación de Libreiros de Galicia e que se entregará o próximo sábado, 2 de abril, nunha cea literaria no concello de Narón (Ferrolterra).

Segundo informou a devandita Federación, hoxe coñeceranse os premios nas outras modalidades: o libro do ano, unha iniciativa editorial, unha librería, unha institución e unha iniciativa a prol do fomento da lectura.

Víctor Fernández Freixanes (Pontevedra, 1951) é doutor en Filoloxía Románica. Pasou da docencia escolar ao xornalismo, de aí ao mundo da edición -dirixe Galaxia- e, finalmente, á universidade.

Actualmente é profesor de xornalismo en Santiago de Compostela, membro da Real Academia Galega e director de Editorial Galaxia. En 1980 gañou o Premio Modesto R. Figueiredo co relato A caza das cascudas. Posteriormente, coa súa primeira novela, O triángulo inscrito na circunferencia (1982) obtivo o Premio Blanco Amor. En 1989, publica O enxoval da noiva, novela que recrea a Roma dos Borgia, e en 1993 gaña o Premio Torrente Ballester con A cidade dos césares. A historia é, así, alicerce da súa obra.

Antes dera ao prelo Unha ducia de galegos (1976), fito na recuperación da memoria do galeguismo a través do xénero da entrevista, e Memoria dun fuxido (1980), baseada na vida do guerrilleiro Manuel González Fresco. No ano 2010 publica en Galaxia a novela Cabalo de ouros.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS