Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 15.11.2018 Actualizado 14:21
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Maré

BAMBALINAS

A gala dos María Casares será unha homenaxe ás mulleres

·· Galardón Marisa Sota a Concha Abad

. ALBINO MALLO   | 27.03.2007 
A- A+

Vicente Montoto, presidente da Asociación de actores e actrices de Galicia, organizadora dos premios María Casares que hoxe se entregan no Teatro Rosalía de Castro da Coruña dixo onte que o espectáculo será unha homenaxe ás mulleres e citou como exemplo non soamente á que leva o nome dos galardóns e á propia Rosalía, senón tamén a Concha Abad, costureira do Centro Dramático Galego á quen se lle entregará o premio de honra Marisa Soto co que se recoñece un labor continuado a prol da arte escénica.

O director da gala, Xosé Manuel Rabón, dixo que calculaba que o espectáculo durase uns 90 minutos e que sería rentrasmitido pola Televisión de Galicia aínda que "a hora erótica" xa que está previsto para máis aló da unha da madrugada.

Explicando o contido dixo que sería variado e entretido e que, aínda que o fundamental é a entrega dos premios, que é secreto xa que os sobres co resultado do ditame dos máis de 600 votantes están en poder do notario e non se abrirán ata o momento do espectáculo.

 

Estíbaliz Espinosa,

con Twine e Alvarado

Tamén explicou Rabón que haberá unha homenaxe á música coas actuacións da cantante Estibaliz Espinosa acompañada ó piano por Rupert Twine e ó contrabaixo por Quique Alvarado e a estrea de Sons da memoria histórica de Miguel Brotóns polo grupo de metais Santa Cecilia e tamén, loxicamente ó teatro co grupo de monicreques Cachirulo que interpretará un guión de Lino Braxe. Para presentar o espectáculo estará Sergio Zerrateta quen terá como copresentadoras a Belén Merelas e a Graciela Ares, co grupo de teatro Chichiribio.

Lembrou González Garcés ademais a memoria de María Casares e anunciou que o vindeiro día 14 de abril, aniversario da república, inaugurará un museo na casa da rúa Panaderas onde vivira a familia, con recordos de Santiago Casares Quiroga, que fora presidente do goberno da II República e da súa filla María, eminente actriz do teatro e cine francés.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS