Mércores 08.09.2010  | Actualizado 17.09      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

pintura

Galego de adopción

17.11.2009 Tim Bherens revisa nun volume editado pola Deputación da Coruña os seus case cincuenta anos de produción plástica

2.0/5 [1 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MARÉ . SANTIAGO

Tim Bherens naceu en Londres (1937) pero desde hai algo máis de vinte anos reside na Coruña. As razóns dese traslado seguen a ser hoxe un enigma que o pintor rexeita desvelar, do mesmo xeito que se nega a esclarecer da súa ruptura con Lucian Freud tras oito anos de relacionarse a diario e de influenciarse mutuamente. Agora, Bherens revisa o conxunto da súa obra nun volume da colección Grandes pintores que edita a Deputación da Coruña e que onte foi presentado polo presidente da institución, Salvador Fernández Moreda, e o propio artista, autor tamén dunha abondosa produción literaria representada no volume.

Moreda definiu a Bherens como "galego de adopción" e "un representante máis da plástica contemporánea en Galicia". Un home que sempre se considera un membro da escola da Coruña máis que da Escola de Londres, nun universo estético onde inclúe a pintores como Abelenda, Correa Corredoira, Alberto Carpo, e outros creadores coruñeses.

No libro, unha coidada edición de máis de duascentas cincuenta páxinas, condénsase a esencia da biografía e a obra dun "artista complexo e singular, que se expresa en dúas linguaxes: a pictórica e a literaria", segundo o define Xulio López Valcárcel, un dos colaboradores do volume, coordinado por María Cabrera e a muller de Bherens, a tamén pintora Diana Aitchison. Ademais de fotografías persoais e reproducións das obras principais do artista, inclúe textos de José Ramón López Calvo, Ana Vasco, Felipe Peña, Isabel Bugallal e José Luis Ducid. Do mesmo xeito que en anteriores ocasións, editáronse tres mil exemplares, que sairán ó mercado do libro da man de Galaxia.

Moreda definiu a Behrens como "un artista "poliédrico" e "un creador ecléctico", para quen "a pintura é o equilibrio do pintor desequilibrado". Un artista, engadiu o presidente da deputación, "que non deixa impasible o espectador".

Pola súa banda, José Ramón López Calvo cualificou a obra de Behrens como "fantástica" e "de gran calidade". "Unha obra -sentenciou- resistente e consistente, á marxe dos circuítos da arte". López Calvo definiu o pintor como "unha persoa de gran humildade", que abandonou os seus contactos coa Escola de Londres, e con outras correntes artísticas, protagonizando unha fuxida para buscarse a si mesmo.

O pintor agradeceu a colaboración dos autores dos textos e ao presidente Salvador Fernández Moreda, a quen cualificou como o "arquitecto" deste proxecto. Tim Behrens afirmou sentirse orgulloso por formar parte esta colección, na que se inclúe "un grande amigo como Alfonso Abelenda, aínda que o foi antes por ter máis idade".

O PERFIL

Sen acento inglés

Despois de vinte anos na Coruña, a Bherens aínda lle seguen preguntando sobre a súa pertenza á Escola de Londres. El responde, segundo subliña Isabel Bugallal, "eu mesmo me interrogo sobre isto. Decidín vivir en España e non en Inglaterra, rodeado de españois e non de ingleses. Vivín máis tempo aquí que en ningún outro sitio, e o meu fillo pequeno é español. A pintura é un medio de comuniación. Así como moitos pintores pintan para alguén, a min gustaríame pintar para as persoas que vexo todos os días, e son españois. Por dicilo doutro xeito: son consciente dunha grande débeda cos españois, e gustaríame retribuír na miña porpia moeda de cambio, a pintura. Porén, un non se pode negar ou fuxir da enorme herdanza dos meus anos de formación, até os 25. Esoutro día, pregunteille a un amigo: ¿cres que pinto como falo, é dicir, con acento inglés? Alegreime cando, despois duns minutos de reflexión, me constestou que non".

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS