Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 10.12.2018 Actualizado 21:09
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Maré

campaña

Galicia Bilingüe volve á carga contra os ENL

·· Relaciónaos de novo co terrorismo

REDACCIÓN   | 28.04.2011 
A- A+

A asociación Galicia Bilingüe, a máis vehemente organziación oposta á normalización do galego, presentou unha denuncia ante a Fiscalía de Ourense contra os "responsables" da asociación cultural Aguilhoar de Xinzo de Limia e pediu ao ministerio público que dirixa unha comunicación ao IES Lagoa de Antela para que o seu Equipo de Dinamización Lingüística (EDL) "se absteña de fomentar que os alumnos acudan ás actividades" que organiza o citado colectivo e de "difundir" a súa web "dende os medios dixitais ou outros medios públicos do instituto". Está é unha nova acción da organización que preside Gloria Lago contra os equipos de normalización, dentro dunha campaña que dura xa varios meses.

A asociación solicita que a Garda Civil realice un informe sobre a suposta relación de Aguilhoar coas "armazóns radicais violentas independentistas de Galicia". Ao tempo, considera que o colectivo de Xinzo é "radical" e asegura ter constancia de que puxeron "en marcha diversos actos e campañas organizadas, na súa sede social e desenvolvidas a través de Internet, que implican a exaltación e homenaxe a persoas detidas ou condenadas por delitos de terrorismo", como, segundo engade, "presos independentistas de Resistência Galega" e "membros" dos Grapo.

 

Malestar proque é un proxecto pioneiro

Así mesmo, explica que Aguilhoar ten un local en Xinzo onde o equipo dinamizador do citado instituto "leva a cabo actividades de promoción do galego, como por exemplo, o recital para conmemorar o Día das Letras Galegas".

Segundo Galicia Bilingüe, en setembro de 2010 xa presentou unha denuncia ante a Xunta, na que poñía en coñecemento que o EDL do citado instituto difundía "a través do blog oficial do centro, as actividades dunha asociación radical de Xinzo de Limia".

Finalmente, asociación critica que, "a pesar de constar a súa colaboración co local radical, a Consellería de Educación outorgoulle ao proxecto lingüístico do IES Lagoa de Antela a máxima puntuación de calidade e a mellor dotación económica, só concedida a dous institutos de toda a provincia de Ourense".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS