Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 14.12.2017 Actualizado 20:02
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Maré

Gómez Naharro levou o galego a Berlín cun proxecto poético-musical

07.07.2010 
A- A+

O cantautor estremeño Miguel Ángel Gómez Naharro levou a Berlín o "mosaico lingüístico" da Península Ibérica en forma de poesía musicalizada. A súa antoloxía, un libro-CD composto por 23 cancións tradicionais e de diferentes poetas editado o abril pasado pola Asemblea de Estremadura, contén pezas en galego, castelán, vasco, catalán, bable e portugués, entre outras linguas.

Entre os poemas atópanse cancións propias coma En la estación de Atocha e adaptacións de Ai Carmela! ou a famosa Canción del Pirata de José Espronceda.

O cantautor recordou as trabas coas que se atopou durante a ditadura, criticando que "o imperialismo franquista" ía "contra todo o contrario ó castelán".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS