Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Maré

Exposición

A Granell abre unha mostra sobre o álbum en Dinamarca

03.03.2011  Libros "transgresores na linguaxe e nas ilustracións, no contido e na composición", explicaron os organizadores na presentación

5.0/5 [1 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN

A mostra irá acompañada de obradoiros para nenos e adultos  FOTO: ramón escuredo
A mostra irá acompañada de obradoiros para nenos e adultos
FOTO: ramón escuredo

A Fundación Eugenio Granell, situada en Santiago de Compostela, acolle desde onte unha exposición sobre a tradición e evolución do álbum ilustrado en Dinamarca a través das ilustracións das súas 30 mellores obras desde os anos 40 e ata a actualidade.

A exposición itinerante, organizada polo Consello das Artes de Dinamarca e a Embaixada de Dinamarca en Madrid e comisariada por Ainara Benzanilla, recolle exemplos clásicos do álbum ilustrado, aínda que tamén outros "transgresores" e actuais que "pon de relevo" a "gran variedade" que existe dentro deste xénero en Dinamarca.

En Dinamarca publícanse ó ano uns 2.000 títulos de literatura infantil e unha alta porcentaxe destes libros reflicten o concepto que os daneses teñen do neno como un ser "competente, con capacidade de pensar por si mesmo e coa necesidade de contar con manifestacións artísticas e culturais de calidade". "Estes libros son transgresores na linguaxe e nas ilustracións, no contido e na composición", segundo os seus organizadores.

Ademais de poder contemplar obras de artistas como Arne Ungermann -a máis antiga, de 1943- ou Dorte Karrabaek, os asistentes poderán participar nun programa de actividades paralelas para nenos e adultos. En concreto, os organizadores levarán a cabo visitas e obradoiros para nenos e e familias, estudantes e profesionais.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS