Hemeroteca web
|
RSS
Venres 24.05.2013
| Actualizado 09.08
Varios dos grupos lucenses que ensaian na Casa da Música sairán hoxe a partir das 21.30 horas coa súa música á rúa nun concerto no que se fusionarán diversas tendencias musicais, aínda que coa base común do rock. Mythical Fail, Flash Band Atup-Lekar e Ripper Ground farán soar os seus acordes na Praza da Soidade, a carón do Museo Provincial, con estilos que van dende o rock alternativo ata o methal.
Todos eles ofrecerannos un repertorio actual e xuvenil, cheo de ritmo e enerxía durante máis de dúas horas. Dende a Concellería de Xuventude aninman a todos os lucenses a achegarse a escoitar esta proposta musical.
