Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 13.12.2017 Actualizado 17:49
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Maré

MARÉ HOXE

GV, un proxecto de moda

O deseñador Gonzalo Vázquez presentará o seu novo proxecto artístico, GV, o vindeiro 11 de xaneiro na Casa das Crechas de Compostela, evento co que pretende achegarse ó público en xeral despois de participar nas artes escénicas como deseñador dos espectáculos de Uxía Senlle, Nordestin@s, Guadi Galego ou Marful.

REDACCIÓN   | 04.02.2011 
A- A+

AXENCIAS
Gonzalo Vázquez, presenta as súas propostas de moda a través de GV
FOTO: AXENCIAS

Estas arriscadas propostas para home e muller presentaraas Gonzalo Vázquez de maneira oficial coa apertura dun novo atelier de moda, o 11 de febrero nun dos espazos culturais máis emblemáticos de Galicia, a Casa das Crechas en Santiago de Compostela. Este evento de presentación que lanzará GV ao público xeral contará con relevantes axentes artísticos e empresariais que se darán cita nun acto que contará coa actuación de Ugia Pedreira.

Xermolado no eido das artes escénicas e avalado polas figuras máis destacadas do panorama artístico galego, o traballo deste creador multidisciplinar xa foi protagonista destacado co deseño do atrezo e do vestiario de producións importants en Galicia.

Uxía Senlle, Nordestin@s, Guadi Galego ou Marful son só algúns dos nomes máis coñecidos desta nova xeración musical e teatral que está vivindo Galicia na actualidade, grazas a coidados traballos que mostran novas formas de entender a arte baseadas na experimentación, a modernidade e os novos sons fusionados cos estándares máis tradicionais.

Arte, moda e vangarda é a síntese coa que se define este proxecto, xa que para o seu creador, GV non é unha marca, é unha forma de mirar. A confección do vestiario GV convida o público a participar nun proceso creativo e artesanal que vai desde a elección do deseño até as probas finais, consonte salienta o Gonzalo Vázquez, nado en Vilaboa, Pontevedra, no 1983, a alma desta proposta artística con orixe nas artes escénicas.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS