Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 18.10.2018 Actualizado 20:34
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Maré

teatro

A historia do mozo que escoita as cores, no ALT

Neil Harbisson e Moon Ribas presentan hoxe no MARCO "El sonido del naranjo", e Flakos Danza interpretarán "Out" no Auditorio

REDACCIÓN   | 12.03.2011 
A- A+

AXENCIAS
Imaxe de ‘Passo’, de Caterina Basso e Ambra Senatore
FOTO: AXENCIAS

A décima edición do ALT (Festival Alternativo das Artes Escénicas de Vigo) continúa a súa programación durante a fin de semana tendo como protagonista a danza. Hoxe Neil Harbisson e Moon Ribas presentarán ás 20.00 horas no MARCO a peza El sonido del naranjo e ás 21.30 horas a compañía vasca Flakos Danza presentara Out no Auditorio do Concello, informou a organización nunha nota de prensa.

A programación desta primeira fin de semana de ALT pecharase hoxe ás 21.30 horas no Auditorio do Concello coa presentación das pezas Passo e EDA da compañía italiana Ambra Senatore.

El sonido del naranjo é sen dúbida unha das propostas máis anovadoras desta décima edición do festival. Esta peza inspírase na historia real de Neil Harbisson, un mozo que ve en branco e negro pero que grazas a un ollo cibernético é quen de escoitar as cores. A peza Out da compañía vasca Flakos Danza que dirixe Beatriz Gázquez e interpretan Ana Revuelta, Nélida Ranedo e Robert Jackson fálanos de como imos construíndo a nosa realidade a partir da interpretación do pasado e dos degoros futuros.

Passo é un dúo interpretado por Caterina Basso e Ambra Senatore que traballa a dúbida e a sorpresa negando unha única posibilidade de interpretación. EDA é un solo de Ambra Senatore no que a artista presenta unha muller chea de dúbidas e frustración.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS