Hemeroteca web | RSS  RSS     Martes 18.06.2019 Actualizado 20:32
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Maré

maré hoxe

Homenaxe a Luis Caruncho

Escritores coruñeses celebrarán este vindeiro xoves, día 10, unha homenaxe ao artista Luis Caruncho, coincidindo coa mostra que acolle a sala de exposicións do Pazo Municipal de María Pita. O acto terá lugar ás 20:00 horas no Concello, segundo informou o propio consistorio nunha nota de prensa

AXENCIAS   | 08.02.2011 
A- A+

luis sinde
Escritores celebrarán a homenaxe coincidindo coa mostra que acolle a sala de exposicións do Pazo Municial de María Pita
FOTO: luis sinde

No acto participarán Liño Braxe, Miguelanxo Fernán Vello, Yolanda Castaño, Olga Patiño, Emma Pedreira, Ánxeles Penas, Henrique Rabunhal, Cesáreo Sánchez e Xavier Seoane, entre outros.

Nacido na Coruña, Luis Caruncho realizou estudos de arquitectura, dedicándose nunha primeira etapa ao interiorismo e do muralismo. Posteriormente, dedicou a súa traxectoria profesional a diversos ámbitos creativos como a pintura, escultura, o gravado, o cartelismo ou o deseño gráfico.

Ademais de fundar a galería Giannini, na Coruña e dirixir en Madrid a galería e ou centro de arte Kandinski, colaborou na creación do Museo de Arte Contemporánea Gas Natural-Unión Fenosa, entre outras iniciativas.

A súa obra expúxose en España e no estranxeiro, sendo moi apreciado en París.Está representado en numerosos museos, entre eles os de Galicia, o de Arte Contemporánea de Madrid, etc. Parte da súa obra apoiase en conceptos de Mondrian e Malevich.

Diversos poetas reinterpretaron a súa plástica dominada pola xeometría. Os afeccionados á poesía terán o sábado, ademais, outra cita. Penúltimo Acto -Enrique Leirachá, Cruz Martínez e Rosanegra-, Grupo de Acción Poética, celebra un novo Círculo Poético o día 12 a partir das 21:00 horas no Café Uf, rúa Pracer nº 19, Vigo. Este mes contarán coa intervención musical de Giuseppe Branca con cantos de "brigantaggio", e a a intervención poética de Alfonso Rodríguez, Belém Grandal ou Iria Bragado...

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS