![]() Escritores celebrarán a homenaxe coincidindo coa mostra que acolle a sala de exposicións do Pazo Municial de María Pita
FOTO: luis sinde |
No acto participarán Liño Braxe, Miguelanxo Fernán Vello, Yolanda Castaño, Olga Patiño, Emma Pedreira, Ánxeles Penas, Henrique Rabunhal, Cesáreo Sánchez e Xavier Seoane, entre outros.
Nacido na Coruña, Luis Caruncho realizou estudos de arquitectura, dedicándose nunha primeira etapa ao interiorismo e do muralismo. Posteriormente, dedicou a súa traxectoria profesional a diversos ámbitos creativos como a pintura, escultura, o gravado, o cartelismo ou o deseño gráfico.
Ademais de fundar a galería Giannini, na Coruña e dirixir en Madrid a galería e ou centro de arte Kandinski, colaborou na creación do Museo de Arte Contemporánea Gas Natural-Unión Fenosa, entre outras iniciativas.
A súa obra expúxose en España e no estranxeiro, sendo moi apreciado en París.Está representado en numerosos museos, entre eles os de Galicia, o de Arte Contemporánea de Madrid, etc. Parte da súa obra apoiase en conceptos de Mondrian e Malevich.
Diversos poetas reinterpretaron a súa plástica dominada pola xeometría. Os afeccionados á poesía terán o sábado, ademais, outra cita. Penúltimo Acto -Enrique Leirachá, Cruz Martínez e Rosanegra-, Grupo de Acción Poética, celebra un novo Círculo Poético o día 12 a partir das 21:00 horas no Café Uf, rúa Pracer nº 19, Vigo. Este mes contarán coa intervención musical de Giuseppe Branca con cantos de "brigantaggio", e a a intervención poética de Alfonso Rodríguez, Belém Grandal ou Iria Bragado...