Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 20.09.2019 Actualizado 20:16
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Maré

poesía

O idioma como sustento

Carlos Solla gaña o Johán Carballeira cun libro sobre un superheroe salvador da lingua e Xerardo Quintiá faise co Fiz Vergara

MARÉ . SANTIAGO  | 27.03.2011 
A- A+

AXENCIAS
Imaxe do xurado do Fiz Vergara Vilariño, no que Chus Pato, Xiana Arias e Baldo Ramos formaron o xurado este ano
FOTO: AXENCIAS

A necesidade de, polo menos, superheroes, que os galegos temos para conseguir salvar a nosa lingua e a nosa cultura ante os ataques dos poderosos. E a recuperación da memoria da infancia. Son os principios que moven cada un dos poemarios que resultaron gañadores, onte, de dous dos máis relevantes premios de poesía no noso país: o Johán Carballeira e o Fiz Vergara.

O xurado da XIV edición do Johán Carballeira, constituído por Lucía Novas, Antón Lopo e Olalla Cociña, escolleu, por unanimidade, como gañador o libro presentado por Carlos Solla, Koyi Kabuto. Lume de ollos en MazinGZ.

Segundo explicou o autor, a obra foi construída a tres voces. Unha é do transcritor, pois utilízase a técnica do manuscrito atopado. Outra é a do robot MazinGZ -trasunto galego de Mazinger Z-, e outra a do seu piloto, KoyiKabuto. "Quería que se acabasen confundindo as voces. No libro hai historias de amor e desamor, e de loita contra o mal. Os superheroes pelexan, nunha loita desigual, contra o mal -o goberno-, que quere acabar coa nosa lingua, a nosa cultura e o noso medio natural. Escollín a superherores porque é o que lle fai falta ó noso pobo contra os ataques á lingua e a cultura".

O xurado do XI Premio Fiz Vergara Vilariño, composto por Chus Pato, Xiana Arias e Baldo Ramos, escolleu, pola súa banda, fornelos e fornelos, de Xerardo Quintiá. "A exposición da perda dun mundo de aldeas" e "a memoria sostida no idioma", segundo o xurado.

O autor anunciou que é o primeiro libro dunha triloxía. Unha obra autobiográfica que trata de recuperar a través do discurso poético a aldea da súa infancia, tal como era nos anos 70 e xa non é.

DATOS

Con voz e sen voto tamén

A asociación Ergueitos de Sarria organiza o Fiz Vergara, en cuxo xurado participaron con voz e sen voto Xermán Arias e María Casar.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS