Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Maré

escenarios

Indo cara a arriba

26.06.2010  A MIT de Ribadavia convértese por vez primeira en coprodutora e apoia a montaxe "Na meta" de Thomae Bernhard dirixida por Ana Contreras e Alfonso Becerra

5.0/5 [1 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDAC . SANTIAGO

Staniewski, un dos máis prestixiosos directores europeos, chega por vez primeira a Galicia grazas á MIT de Ribadavia FOTO: AXENCIAS
Staniewski, un dos máis prestixiosos directores europeos, chega por vez primeira a Galicia grazas á MIT de Ribadavia
FOTO: AXENCIAS

Por vez primeira, a Mostra de Teatro de Ribadavia (a MIT) coproducirá un espectáculo. Trátase de Na meta, de Thomas Bernhard, unha montaxe de Ónfalo Teatro que dirixen Ana Contreras e Alfonso Becerra con Luísa Merelas, Toni Salgado e Rut Balvís no elenco. Esa é unha das novidades do festival con maior arraigo en Galicia, presentado onte polo seu director, Roberto Pacual, xunto ao alcalde de Ribadavia, Marcos Blanco, o concelleiro de Cultura, Anxo Collarte.

A MIT enfróntase este ano a un ambicioso programa, que se abrirá o 16 de xullo cun dos nomes de culto do teatro mundial, o director polaco Wlodzimierz Staniewski e a súa última montaxe, Iphigenia in Aulide de Eurípides. Mariusz Golaj é o protagonista deste espectáculo da compañía Gardzienice, que actuará xunto a unha prestixiosa orquestra de Varsovia baixo o patrocinio do Institut Adam Mickiewicz. É a primeira vez que Sataniewsku estrea en España a súa escenificación do clásico grego.

Ademais de Pippo Delbono, que actúa o día 20 de xullo no Auditorio do Castelo de Ribadavia, a MIT inclúe a multipremiada clown suíza Gardi Hutter (o día 22), a hibridación de teatro, circo, marionetas dos franceses Le Boustrophédon (co seu Court Miracles o día 18), a danza para a infancia e a xuventude (con Nubes, de Aracaladanza o día 21 na Casa da Cultura) ou o teatro de rúa con varias compañías como Circolando ou PIA, co seu novo proxecto de intervención Humanum Fatum (o sábado 17 na Praza Maior).

O proxecto de exhibición de espectáculos iberoamericanos recibiu a axuda do programa Iberescena, co cal o festival pode dar a coñecer traballos procedentes de Chile, Arxentina, México, Cuba ou Colombia. A organización do festival salienta o seu propósito por reflectir o talento escénico contemporáneo da Arxentina, da man de dous directores: un moi coñecido -Daniel Veronese coa obra Los corderos- e un creador emerxente, Jorge Acebo, que terá unha panorámica de dúas obras: Solas no más, en coautoría con Javier Daulte e Matías Herrera e La felicidad según Mabel Riviere, a súa obra máis recente.

A MIT 2010 clausúrase o 24 coa compañía gañadora do recoñecemento do público da MIT 2009, Atalaya, co seu novo espectáculo Ricardo III. Ese mesmo día darase a coñecer o Premio de Honra Abrente e o Premio de Textos Teatrais.

DATOS

Os recortes da Consellería de Cultura para o teatro contrasta, segundo subliñou Roberto Pascual, co interese de institucións doutros países como o Institut Adam Mickiewicz, de Polonia.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS