Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Luns 20.05.2013  | Actualizado 20.08

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Maré

ferramentas

Ir Indo presenta o seu Digalego, que recoñece 415.000 entradas

As palabras pódense buscar polas súas equivalencias noutros idiomas, inclúe a conxugación dos verbos e a variación de xénero e número

Bieito Ledo, arriba á dereita, a carón do conselleiro de Educación, onte  - FOTO: xunta.es
Bieito Ledo, arriba á dereita, a carón do conselleiro de Educación, onte - FOTO: xunta.es

REDACCIÓN   | 23.02.2011 
A- A+

O persoal e alumnado dos centros educativos e a páxina web da Xunta contan cun novo servizo en liña para facilitar o uso do galego. Trátase dun sistema que permite consultar o dicionario de galego Digalego e a Enciclopedia Galega Universal, dúas ferramentas creadas por Ir Indo Edicións.

O director desta editora, Bieito Ledo, explicou que o dicionario, -é necesario rexistrarse para poder utilizalo-, recoñece 415.000 entradas. "O noso dicionario en papel ten 65.000 entradas. O Digalego engade a etimoloxía, equivalencias en sete idiomas e conxugación de verbos. Recoñece o singular e o plural dos substantivos; o feminino, o masculino, o singular e o plural dos adxectivos, e 67 formas por cada verbo. Así chégase ás 415.000 entradas. Pódense buscar as palabras pola súa equivalencia en francés, inglés, portugués, alemán e italiano: de momento en chinés non, aínda que se as buscas en galego dáche a equivalencia nos sete idiomas, para a maioría das palabras".

Para utilizalo, na web da Xunta basta con facer doble clic sobre a palabra a buscar. Desde a Enciclopedia, -egu.es-, pódese acceder a fotografías e gráficos, escoitar as entradas polo altofalante en galego e ver o contido enciclopédico de cada definición. O Digalego inclúe sinónimos, antónimos e variantes, pódese acceder a el dende o móbil con wap.digalego.com. ou incorporalo ó navegador web.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS