Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 16.10.2017 Actualizado 13:18
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Maré

idioma

"¿Iso é terceiro mundo?"

Os rapaces da escola "María Soliña" de Orixa, na India, aprenden "A saia de Carolina" en galego, mentres en Marín se aposta pola súa tradución ao castelán

Neneta Herrero con algúns dos rapaces que estudan na escola María Soliña de Pubai, unha ladea do estado de Orixa, na India
Neneta Herrero con algúns dos rapaces que estudan na escola María Soliña de Pubai, unha ladea do estado de Orixa, na India

A. R. LÓPEZ . SANTIAGO   | 01.10.2010 
A- A+

A saia de Carolina é un dos temas que os nenos de Pubai, unha aldea do estado indio de Orixa,cantan nas súas clases de música. Claro está, non se trata dunha escola india habitual senón da escola María Soliña, unha institución creada pola galega Neneta Herrero que leva xa seis anos funcionando a través da ONG Shanga co apoio dun grupo de 280 persoas, a maior parte de Galicia. Cada mes, aboan unha cota que vai dos seis aos trinta euros, suficiente para pagar os gastos deos mestres e a manutención dos alumnos internos

A saia da Carolina, porén, non é a única canción en galego que saben estes rapaces, a súa maioría pertencentes a familias paupérrimas que só puideron ser escolarizados pola existencia de María Soliña. O seu repertorio da clase de música inclúe o Chorar chorei ou O neno que veu de Angola, ademais de temas en inglés, castelán, francés ou oria, este último idioma materno en Orixa.

"Non sei moi ben a razón", asegura Nenet Herrero nunha conversa telefónica, "pero os rapaces danlles mellor entoación ás cancións en galego que ás que están en castelán: gústanlle máis e tamén é certo que teñen máis facilidade para aprender o galego que o castelán".

No estado de Orixa, próximo a Bengala, os rapaces das escolas estudan na lingua materna até os once anos, en que comezan a ter o ensino na lingua cooficial, o hindi, que a lingua oficial da India xunto ao inglés. Os rapaces tamén aprenden inglés en paralelo co oria. Neneta Herrero, que vive no Hío -Concello de Cangas- queda sorprendida cando sabe quea uns poucos quilómetros de alí, no mesmo Morrazo, os profesores de Música dun colexio de Marín elixiron un libro dirixido aos centros de fala castelá no que aparece La falda de Carolina. "¡Paréceme incrible!", exclama e bota a rir, "despois chámanlle terceiro mundo á India, pero eles saben conservar e protexer a súa cultura... E aquí, que presumimos de primeiro mundo, non facemos máis que darlle as costas ao noso... Paréceme o colmo da desfachatez".

DATOS

Un anaco de Galicia

A escola "María Soliña" é como un anaco de Galicia engastado na terra vermella de Orixa, un dos estados máis atrasados da India. Un anaco de Galicia xurdido pola forza de Neneta Herrero e de Umex -o director da escola-, onde o principal protagonista é oria, o idioma propio de Orixa pero tamén o hindi, a lingua oficial da India, que non entra no ensino até os once anos.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS