Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 21.09.2017 Actualizado 20:28
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Maré

O láser limpará a catedral

O claustro da catedral de Santiago limparase coa tecnoloxía láser que xa se aplicou en monumentos como Notre Dame en París ou o templo de Oviedo. A Universidade de Vigo está a desenvolver unha investigación sobre estes métodos de limpeza a partir de técnicas que se empezaron a usar en Francia no ano 1992.

ANA CALVO   | 30.07.2010 
A- A+

A pedra do claustro da catedral compostelá será tratada con tecnoloxía láser importada dende Francia

A Catedral de Amiens, en Francia, foi o primeiro mo­numento no que se puxo a proba, xa en 1992, un sistema láser de limpeza da pedra. Despois aplicouse en Notre Dame, en París, e os bos resulta­dous desta técnica fixeron que se siga desenvolvendo e investigando nesta liña. O mesmo sis­tema, que se aplicou tma­bién no claustro da Catedral de Oviedo ou na portada de San Jerónimo, en Calahorra, empregarase para o friso do claustro da Catedral de Santiago.

O Consello da Xunta au­torizaba onte a firma dun convenio entre a Con­sellería de Cultura e a Uni­versidade de Vigo para desenvolver unha investiga­ción sobre métodos de lim­peza de ceras sobre granitos mediante láser. Este convenio inclúe unha intervención sobre o friso do claustro catedralicio, unha obra iniciada por Juan de Álava en 1521.

O convenio supón unha achega de 70.000 euros e o proxecto de investiga­ción incluirá o estudo sobre a limpeza mediante láser de restos de cera no friso do claustro, e de costras biolóxicas e de elorescen­cias no laboratorio. A limpeza láser, que se leva a cabo mediante o uso de máquinas con brazo articulado, manipuladas por un restaurador, está obtendo bos resulta­dous na limpeza de pe­dra. En Francia estase investi­gando o seu uso sobre policro­mías.

Na Universidade de Vigo, o Departamento de Física Aplicada investiga aplicacións do láser desde 1982. O estudo da lim­peza de obras de arte do patrimonio cultural galego é unha das vías incorpo­radas nos últimos anos ó traballo do grupo de inves­tigación en Novos Mate­riais, composto por catro investigadores.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS