Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Maré

para ler

Liberdade e xustiza

29.03.2011  Factoría K publica en galego "Indignádevos", o manifesto de Hessel que se converteu nun dos éxitos editoriais de Francia

5.0/5 [2 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN . SANTIAGO

Hessel durante a rolda de prensa que deu onte xunto a José Luis Sampedro para presentar o seu manifesto FOTO: efe
Hessel durante a rolda de prensa que deu onte xunto a José Luis Sampedro para presentar o seu manifesto
FOTO: efe

"Indignádevos!", berra Stéphane Hessel, un nonaxenario que particpou na resitencia francesa contra o nazismo e que acaba de converterse nun fenómeno editorial en Francia cun libriño de trinta páxina onde lle pide á xuventude que se rebele contra a "ditadura dos mercados". O libro foi traducido ao galego por Factoría K despois de vender en Francia case dous millóns de exemplares.

Hessel pasou onte por Madrid para presentar a edición en castelán e catalán realizada por Destino -tamén apareceu en éuscaro a través da editorial Cenlit- , acompañado por outro histórico da resistencia, José Luis Sampedro, quen avogou pola "liberdade de pensamento" como salvoconducto cara ao futuro.

Aos seus 93 anos, os dous veteranos comparten a "indignación" ante as inxustizas e a "preocupación" por conseguir que a súa mensaxe de "liberdade e xustiza" alcance os mozos para que saían do "desánimo" e da "indiferenza", para que se comprometan e renoven a sociedade.

Sen perder o sorriso e cun falar intenso e pausado, Hessel xustifica o enorme éxito do seu manifesto, que apareceu nun "momento crucial da evolución da sociedade mundial". Optimista, sinala, como exemplo esperanzador, o "xurdir dunha mocidade non violenta, pero eficaz", nos países árabes sacudidos por unha onda de desexo de liberdade e de xustiza. Desexo de liberdade e de xustiza, dixo, que sempre animou a súa vida.

Nacido en Berlín en outubro de 1917, en plena Revolución Rusa, viviu de cheo a Segunda Guerra Mundial, cun destacado papel na Resistencia francesa, foi torturado e deportado, pasou por tres campos de concentración, burlou a morte apropiándose da identidade doutro preso e evadiuse dúas veces.

Tras a gran contenda bélica foi diplomático e formou parte, en 1948, do equipo redactor da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Unha bagaxe que avala e reforza a súa exhortación contra a indiferenza, para el "a peor das actitudes", e clama pola insurrección pacífica, ó estilo de Mandela ou Martin Luther King, fronte ó "inaceptable: as inxustizas".

E é que os principios e valores polos que el loitou, di, "son hoxe máis necesarios que nunca" e, ademais, están "en perigo".

"Os mozos de agora xóganse a liberdade e os valores máis importantes da humanidade", advirte o comprometido intelectual desde a altura de miras que lle dá a súa experiencia, o seu compromiso, e os seus 93 anos, "a última etapa. O final xa non está moi lonxe", apunta.

Unha "verdadeira" democracia necesita, recorda, unha prensa "independente" capaz de situarse fronte á "ditadura actual dos mercados financiarvos que ameaza a paz e a democracia" e que "tutelan" os estados.

Ao longo da súa longa vida, Hessel, que se naturalizou francés en 1947, séntese afortunado por "a sorte de ter unha sucesión de razóns" para indignarse, e, cita en concreto, como a última delas, a situación en Palestina. E resúltalle "insoportable" que "os propios xudeus poidan perpetrar crimes de guerra", tras sufrir o Holocausto.

Tamén se mostra tallante en contra do terrorismo, que cualifica de "abominable", "inaceptable" e "ineficaz", e advirte que unicamente se poderá derrotar o terrorismo islamita "coa non violencia e o respecto mutuo de culturas". O seu desexo é que todos atopen un motivo de indignación, "un valor precioso", nas súas propias palabras, e para atopalo, conclúe, só basta con mirar ó redor: "Buscade e atoparedes!".

TRIFOLIUM

"Por que non son cristián" de Russell

Editorial Trifolium, dentro da súa colección Musa pedestris, acaba de publicar Por que non son cristián, de Bertrand Russell. O volume reproduce unha conferencia impartida por Bertrand Russell o 6 de marzo de 1927, no consistorio de Battersea, baixo os auspicios da Sección do Sur de Londres da Sociedade Laica Nacional.

Aínda que o filósofo é valorado sobre todo polas súas contribucións a temas tan abstractos como a Lóxica e a Teoría do Coñecemento, cabe esperar que Russell sexa igualmente lembrado como un dos grandes herexes en moral e relixión, tal como apuntaba en 1956 Paul Edwards, compilador de varios dos seus ensaios relativos a temas teolóxicos.

Consideraba Russell, que todas as grandes relixións -o budismo, o hinduísmo, o cristianismo e o islam- son falsas e daniñas, á vez que avogaba por un mundo no que a educación tendese á liberdade mental en lugar de encerrar a mente da humanidade na ríxida armadura do dogma.

 

 

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS