Os lectores e lectoras coreanos xa poden ler a historia escrita polo galego Xosé A. Neira Cruz e ilustrada por David Soler, Jan estivo alí e coa que Galaxia inaugurou a colección Árbore Arte. Os editores de Kookmin Books apostan por un título galego para engrandecer un catálogo de álbums ilustrados que se atopa entre o mellor do mundo.
Jan estivo alí é un libro de gran formato, unha historia que parte da premisa de que dentro das grandes obras de arte habita un enigma. No fondo do cadro do matrimonio Arnolfini hai unha sorpresa, de que parte a historia.