Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Maré

editora

Libros ás marxes dos catálogos

11.05.2010  Nace Barbantesa, dirixida ás "literaturas recuadas e periféricas"

5.0/5 [5 Voto/s]

1
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

VANESA OLIVEIRA . SANTIAGO

Penélope Pereira FOTO: AXENCIAS
Penélope Pereira
FOTO: AXENCIAS

Aínda que se bautizaron "por votación democrática" como Barbantesa, non pretenden "comer os machos"... Co logotipo da "mantis relixiosa" identifícase unha nova editorial galega -dirixida dende Sevilla por Penélope Pedreira aínda que a súa xestión administrativa e técnica se artella dende Cangas- creada coa vocación de publicar poesía, literatura de muller e literaturas africanas "as recuadas e periféricas, a literatura diferente, orixinal e fresca... tanto se é recente coma se se conserva intacta no formol do tempo".

Penélope Pedreira explica que decidiron crear este novo selo porque o proxecto de Rinoceronte Editora -do que é cofundadora xunto a Moisés Barcia- "está moi pechado, moi especializado nas traducións ao galego, e había obras que non cabían, como a literatura de muller, a poesía, e outros xéneros como o teatro e o ensaio". Así foi como decidiron que "o que noutras editoriais figura á marxe dos catálogos, sexa o groso da nosa e, sobre todo, porque queriamos guiarnos polos nosos gustos persoais, aquilo que moitas veces cae nas túas mans e che gustaría ver editado", subliña Pedreira.

Barbantesa toma pulo editando dous poemarios: Con peitos desenchufados de Elías Portela, "un libro de poemas moi libre e particular" e Pan prós crocodilos do profesor pontevedrés Calros Solla, cos seus versos "irreverentes e orixinais".

 

Dúas traducións ao galego de McCullers e Jaeggy

A editorial tamén tirará do prelo a finais de xuño dúas traducións ao galego de dous autores dos que aínda non se publicara nada no idioma do país. Trátase do libro de relatos A balada do café triste de Carson McCullers e a novela Os ditosos anos do castigo de Fleur Jaeggy.

Nunha segunda tanda, sairán Poemas de África lonxe de Eduardo Bettercourt e Jorge Arrimar así como a novela de Berta Dávila A arte do fracaso e As Médulas de Silvia Bardelás. "Non partimos dun manifesto nin somos voceiros de ningún grupo, así que non nos pidas disciplina, puntualidade nin maior coherencia que esta do noso propio gusto", advirten na súa páxina web, www.barbantesa.com.

"O único criterio é aquilo que nos gusta, só iso", remarca. A elección do nome da editorial foi "por votación democrática, xa que nos pareceu que a barbantesa é un becho simpático, e un nome sonoro, pero non pretendemos comer os machos", chancea Penélope Pedreira.

As obras distribuiranse a través das librerías galegas, na páxina web Toupa.net e, no caso de non atopalas, tamén se pode pedir enviando un correo electrónico a info@barbantesa.com. Ademais, tamén ofrecen a posibilidade de susbcribirse para enviar cada novo libro que editen, cun desconto do 15 por cento e cos gastos de envío de balde.

A LITERATURA GALEGA

"Hai que dar saída exterior ós autores"

"Moitas veces dise que se edita demasiado. Eu un día escoiteille a Manuel Rivas que na cultura podíase ir por rúas estreitas ou por grandes autovías. Creo que no caso das editoriais independentes, nunca hai de máis. O máis importante é darlle saída fóra aos nosos libros e aos nosos autores, unha eiva da literatura galega. Porén, colocar os autores fóra de Galicia é realmente difícil porque cando vas a unha feira internacional, sempre che preguntan se están traducidos ao castelán, e iso é difícil de solucionar", afirma a editora.

A nova editora intégrase na empresa Xestión Literaria Galega, na que tamén está a Axencia Literaria Galega, coa que pretenden abrir camiños cara ao exterior e aumentar a profesionalización dos autores galegos. Trátase dunha empresa dedicada a representar e promover a carreira literaria de autores galegos tanto cara ao exterior como no mercado interior, cunha nómina de autores entre os que figuran nomes como Xavier Alcalá, Aldonza de Praterías, Carmen Blanco, Berta Dávila, Juan Carballo, Francisco X. Fernández Naval, Xesús Fraga, Bieito Iglesias, Manuel Jabois, Jaureguizar, Maria Rosa Lojo, Xesús Marcos, Carlos Meixide, Raquel Miragaia, Elias Portela, Xavier Queipo, Manuel Sánchez ou Helena Villar.

"Coa Axencia Literaria aí estamos, as cousas van lentas, porque hai que ir a editoriais e feiras. Dentro de pouco sairán cousas pero é mellor non anticipalas", asegura Pedreira.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS