Hemeroteca web
|
RSS
Xoves 17.05.2012
| Actualizado 02.02
![]() |
| A exposición inclúe quince mil volumes, once mil cartas. 477 publicacións e 377 folletos, reunidos para achegarse doutro xeito á figura do pintor FOTO: Antonio Hernández |
"Esta documentación", explicou a filla do artista, Natalia Fernández, quere "brindarlle ao espectador as coordenadas para situarse no mapa de toda unha vida de coñecemento".
"Hai", explica, "libros de e sobre Granell, e escritos dos bos amigos surrealistas como Bretón, Duchamp ou Péret", ademais dunha selección de libros de literatura, surrealismo, arte e política, "sobre todo referentes ao POUM e á Guerra Civil".
Adquiren protagonismo ademais libros que versan sobre outros temas que tamén interesan ao artista como a alquimia, a filosofía, a socioloxía e a psiquiatría, a tauromaquia ou a conquista do oeste norteamericano. A montaxe complétase con cadros do propio Eugenio Granell relacionados coas letras.
Trátase, en total, de máis de 15.000 volumes, 11.000 cartas, 477 publicacións e 377 folletos. Fontes da fundación lembraron que "a entidade dispuña até agora dunha biblioteca con 5.330 rexistros e o legado bibliográfico de Philip West con 753 documentos" e que a incorporación da biblioteca persoal de Eugenio Granell significará "un claro reforzo para a xa existente, dotando os investigadores de recursos nos temas nos que a Fundación é especialista", ademais de servir de fonte primaria para o estudo da obra e personalidade de Granell.
Fernández insistiu en que "a biblioteca e arquivo persoal dun artista é unha peza clave no estudo da súa personalidade artística e humana, especialmente tratándose dun artista como Granell cuxa actividade máis visible é como artista plástico e solapa unha importante obra literaria e o seu compromiso político".
