Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 13.12.2019 Actualizado 21:21
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Maré

idioma

A lingua no final do franquismo, nun libro

Mª Dolores Villanueva presenta hoxe a obra premiada pola Deputación de Pontevedra

REDACCIÓN   | 28.01.2011 
A- A+

A investigadora do Instituto da Lingua Galega, María Dolores Villanueva presentará hoxe ás 20.00 horas no Arquivo da Deputación de Pontevedra o seu libro A lingua galega entre 1963 e 1975. Situación social e discursos dende o galeguismo, obra premiada en 2008 pola Deputación de Pontevedra na categoría de "Novos Investigadores".

O libro presenta a situación lingüística e social do galego durante o período final da ditadura franquista. Segundo explica a súa autora, o traballo presentado parte do punto de vista do galeguismo "para ir anoando a reconstrución das institucións políticas e civís, que chegada a democracia serían de suma importancia como punto do que partir para seguir conformando a identidade do país".

O estudo realizado pola investigadora do ILGA pretende mostrar a efervescencia dun período de tempo cheo de iniciativas que prenden entón e agroman máis tarde no período constitucional.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS