Hemeroteca web | RSS  RSS     Martes 23.07.2019 Actualizado 20:44
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Maré

homenaxe

Luísa Merelas, Premio Maruxa Villanueva

A actriz, unha das históricas do teatro galego, impúxose finalmente a Ernesto Chao

C. BOTRÁN   | 22.02.2008 
A- A+

Luisa Merelas

A actriz Luisa Merelas foi elixida unanimemente polo xurado gañadora do VII Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva de Padrón, dotado cunha figura e 1.200 euros. Merelas quedara no segundo posto, a só un voto do primeiro candidato, Ernesto Chao, na relación de finalistas dada a coñecer en xaneiro.

O xurado, composto polos representantes dos grupos políticos e os especialistas en teatro Inma López Silva, Roberto Pascual e Carlos C. Biscaínho, valorou a traxectoria profesional da actriz coruñesa, a súa calidade profesional así como a súa implicación no desenvolvemento do teatro profesional galego independente e a súa participación o ano pasado no espectáculo O regreso ó deserto, do Centro Dramático Galego.

Luisa Merelas leva ligada ó mundo interpretativo desde nena. Formada nos talleres de Teatro Circo e da Escola Dramática Galega, integrante da compañía Luís Seoane e colaboradora do teatro institucional, a súa carreira correu paralela ó nacemento, formación e consolidación do teatro profesional independente dentro da escena de Galicia. Merelas recibiu quizá a paixón polas táboas con dez anos, cos traballos dos daquela profesores de Primaria Xan Cejudo e Manuel Lourenzo. Con eles, tal e como ela mesma confesou nalgunha ocasión, comezou a traballar textos de Rosalía e outros galegos estreando un espectáculo que percorreu varios colexios: A probiña que está xorda.

A comezos dos setenta, Merelas pasou a formar parte da compañía de teatro afeccionado Teatro Circo, fundada por Manuel Lorenzo, pondo en escena Zardigot, de Euloxio Ruibal (tiña 15 anos). Con Caderno da bitácora, en 1984, Merelas introduciríase no teatro institucional. E a primeira obra pola que obtivo unha retribución económica foi o monólogo Muller de mulleres, inspirado en textos de Cunqueiro e Pedrayo.

A actriz recibiu a noticia do galardón por boca do edil de Cultura, Eloy Rodríguez, mentres facía a compra nun supermercado.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS