Hemeroteca web
|
RSS
Sábado 18.05.2013
| Actualizado 11.27
O Padroado da Fundación Laxeiro entregoulle o seu galardón á escritora María do Carme Kruckenberg. Foi durante o seu tradicional xantar no Restaurante Puesto Piloto de Vigo, celebrado o mércores, e na sobremesa o Presidente Delegado da Fundación, Xesús López Carreira, entregou o galardón á poeta.
Cun orzamento de 155.000 euros, a Fundación Laxeiro aprobou un dos orzamentos máis austeros nos dez anos de traxectoria da institución. Uns orzamentos nos que o Concello de Vigo é o principal colaborador, achegando desde a Concellería de Cultura un total de 86.151 euros, o que supón un 55% dos ingresos totais. As outras fontes de ingresos están formadas pola Deputación de Pontevedra, con 24.000 euros, a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, con 6.000 euros; Novacaixagalicia con 18.000 euros, entre outros.
Este ano, a Fundación Laxeiro catalogará toda a obra gráfica e as ilustracións realizadas por Laxeiro. Ademais, proximamente se presentará a publicación titulada Laxeiro, os escritos de Don Ramiro, un traballo editado por Javier Pérez Buján, Director Artístico da entidade.
