Mércores 08.09.2010  | Actualizado 17.01      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Maré  |  RSS - Maré RSS

sentenza

Máis preto do desenlace

26.11.2009 O Tribunal Penal Federal de Suíza permitiralle a Roman Polanski saír da prisión preventiva baixo unha fianza de tres millóns de euros

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

EFE . XENEBRA

O cineasta franco-polaco Roman Polanski, detido en Suíza desde hai dous meses por un caso de abuso de menores en EEUU que data de 1977, poderá saír de prisión baixo unha fianza de 4,5 millóns de francos (3 millóns de euros). Así o determinou onte unha sentenza do Tribunal Penal Federal, que aceptou o recurso do director de cine en contra do seu mantemento en prisión preventiva.

"O tribunal considerou que a fianza ofrecida polo recorrente, combinada con outras medidas tales como o depósito dos seus documentos de identidade e a asignación a unha residencia baixo control electrónico deben ser suficientes para evitar o risco de fuga", sinala a sentenza. O Tribunal precisa que esta decisión de liberdade baixo fianza pode ser aínda recorrida.

Polanski, de 76 anos, foi detido o pasado 26 de setembro á súa chegada ó aeroporto de Zúric, cidade na o que debía recoller un premio do festival de cine local. A detención foi en resposta a unha orde de procura emitida por Estados Unidos, e de cara á súa extradición a ese país, de onde fuxira o cineasta en 1978 logo de declararse culpable de manter relacións sexuais cunha adolescente de 13 anos un ano antes.

Polanski enfróntase a unha pena máxima de ata dous anos se é devolto a EEUU para render contas ante a Xustiza por este caso pendente.

Desde a súa detención, o cineasta estivo recluído nunha prisión de Winterthur, localidade a 19 quilómetros de Zúric. Tras a súa liberación baixo fianza, é de supor que o director de cine será asignado á súa residencia no chalé que posúe na luxosa estación de ski de Gstaad.

Polanski recibiu apoios de moitos compañeiros, aínda que a decisión de liberalo non deixa de ser controvertida socialmente.

RETRATO

Poxa dunha foto do artista

Unha fotografía de Roman Polanski e a que foi a súa esposa Sharon Tate, de hai 40 anos, será poxada por Christie"s o próximo 7 de decembro en Nova York. O retrato da parella, no que se ve a ambos de cintura para arriba e a Tate cos brazos rodeando o pescozo de Polanski, foi tomada en Londres polo fotógrafo de moda David Bailey en 1969, meses antes de que a actriz fose asasinada por membros da seita Charles Manson nos Ánxeles.

A casa de poxas Christie"s calculou que o retrato, de 84,4 por 83,8 centímetros, ten un valor aproximado de entre 8.000 e 12.000 dólares (de 5.313 euros a 7.969 euros).

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS