Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Maré

MARÉ HOXE

Mari Boine, en Santiago

09.02.2011  Dende Laponia, chega a Sons da Diversidade a cantante de lingua sami Mari Boine que actuará o sábado no compostelán Auditorio de Galicia. A artista baseou a súa longa traxectoria de 25 anos, na música do ‘yoik’, o canto tradicional deste pobo, para construír un repertorio comprometido, no que o folclore se mestura co jazz e o rock

5.0/5 [1 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN

Mari Boine presentará en Compostela o seu último disco de estudio, ‘Sterna Paradisea’   FOTO: AXENCIAS
Mari Boine presentará en Compostela o seu último disco de estudio, ‘Sterna Paradisea’
FOTO: AXENCIAS

Mari Boine medrou en Laponia sentindo vergoña das súas raíces. Prexuízos que máis tarde transformaría, a través da música, nunha das defensas máis firmes da lingua e cultura sami. "Nos últimos dez anos estiven loitando contra ese sentimento de inferioridade respecto aos noruegueses e aos occidentais e a miña voz foise facendo máis forte a medida que tomaba a determinación de que ninguén podía oprimirme, e que tiña valor como sami", aseguraba a artista nunha entrevista concedida o ano pasado. Mari Boine naceu no seo dunha familia de pescadores moi devota. Tras a súa participación nos festivais Womad, publicou Gula Gula en 1990, o que lle abriría as portas do mercado internacional. Á parte da súa propia discografía, colaborou co gran músico de jazz Jan Garbarek no disco Twelve Moon e participou nas gravacións doutros artistas noruegueses, ademais de compor música para obras de teatro, exposicións de arte e a película The Kautokeino Rebellion.

No seu último disco de estudio, Sterna Paradisea, rodeouse dun grupo fantástico de músicos noruegueses e africanos. O resultado é unha música telúrica que nos achega ás paisaxes xeadas de Escandinavia atravesadas por sonoridades urbanas. A escritora Lucía Etxeberría expresaba na revista Rolling Stone o impacto que lle causou o directo de Mari Boine: "Por veces lembra ao flamenco, na fondura e no laio, nesa especie de dimensión rota e ferida da voz. O concerto foi impresionante, inesquecible, hipnótico".

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS