Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 17.10.2019 Actualizado 14:56
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Maré

galardón

María Goretti, gañadora do premio Cidade de Ribeira

Pola obra "Orlando pendurado"

REDACCIÓN   | 06.05.2011 
A- A+

O salón de plenos do con­sistorio de Ribeira acolleu onte a entrega do premio da terceira edición do concurso de relato curto Ci­dade Centenaria de Ribeira, de carácter bienal, ó que se presentaron 11 obras. A gañadora foi María Goretti Fariña Caamaño, de Vilanova, pola obra Or­lando pendurado. O xurado estivo forma­do por Manuel Bragado, director da Editorial Xerais; polos escritores Antonio Piñeiro e Xabier López Marqués, e pola profesora María Ángela Rodríguez. Alicia Padín, do servizo de Nor­malización Lingüística do Concello, actuou como se­cretaria, con voz e sen voto. A gañadora recibiu o premio de 3.000 euros e o diploma acreditativo.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS