Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 26.04.2020 Actualizado 00:00
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Maré

Mariano Casas presenta a súa última obra na libraría Komic

REDACCIÓN  | 11.02.2011 
A- A+

A librería Komic de Compostela acolle hoxe ás 17:00 horas a presentación de A historia xamais contada, a última novela gráfica de Mariano Casas. O autor asinará exemplares da súa obra e tamén fará unha demostración das posibilidades do cómic en formato dixital, xa que A historia xamais contada está editada tamén en mini-dvd para PC e Ipad.

"Será unha boa ocasión tamén para que os escépticos vexades como se pode ler un cómic nun ipad, porque irei facervos unha demostración para que vexades que é un soporte interesante, e no dos meus cómics, que lle senta como un guante ao tipo de cousas que fago,... aínda que eu sempre, (creo) serei máis de papel", di o autor no seu blog.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS