Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Maré

nobel

Mario Vargas Llosa volve atacar no seu discurso os nacionalismos

08.12.2010  Asegura que é unha "ideoloxía, ou máis ben, relixión, provinciana, excluínte, que disimula no seu seo prexuízos étnicos e racistas"

1.0/5 [2 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

AXENCIAS

Mario Vargas Llosa  FOTO: H. montgomery/efe
Mario Vargas Llosa
FOTO: H. montgomery/efe

O escritor peruano Mario Vargas Llosa glosou no seu discurso de recepción do Nobel en Estocolmo a historia recente da transición española, e desexou que os nacionalismos, "praga incurable do mundo moderno e tamén de España", non estraguen "esta historia feliz". Así, volveu atacar, na súa liña habitual, os "nacionalismos", sen establecer distincións nin citar os nacionalismos de Estado como o español.

"Detesto toda forma de nacionalismo, ideoloxía -ou, máis ben, relixión- provinciana, de curto voo, excluínte, que recorta o horizonte intelectual e disimula no seu seo prexuízos étnicos e racistas", sinalou o autor peruano.

O discurso, titulado "Eloxio da lectura e a ficción", é o principal evento que a Fundación Nobel programou xunto á entrega do galardón, que o vindeiro venres presidirá o rei Carlos Gustavo de Suecia.

No escenario da gran sala da Academia sueca, o escritor atribuíu aos nacionalismos as peores "carnicerías da historia, como as dúas guerras mundiais e a sangría actual do Oriente Medio". Así mesmo reflexionou sobre "os espantos" da nosa época e citou aos "terroristas suicidas". Alertou de que "novas formas de barbarie" proliferan "atizadas" por "o fanatismo", e sobre a multiplicación de "armas de destrución masiva".

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS