Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Maré

Maxestosa, exótica e solitaria

23.05.2010  Ruth Varela e Miguel Anxo Fernán Vello foron os encargados de recuperar a Flor de Santiago, unha especie lendaria da botánica que desde mañá ocupa o Espazo de Arte do Grupo Correo

5.0/5 [8 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

ANA IGLESIAS

A Flor de Santiago –a foto é de Nidia Galicia– debe o seu nome á forma da insignia dos cabaleiros de Santiago
A Flor de Santiago –a foto é de Nidia Galicia– debe o seu nome á forma da insignia dos cabaleiros de Santiago

Flor de Santiago, nome común que designa unha das flores "de maior be­leza e de maior pregnan­cia simbólica do reino das plantas", é a protago­nista absoluta do proxecto expositivo que mañá se presenta, a partir das oito da tarde, na sala Espazo de Arte do Grupo Correo Galego.

Trátase dunha iniciativa nacida no marco do pro­xecto da USC Galicia en cartel, levada a cabo pola arquitecta Ruth Varela, e coa que se pretende "proxectar unha nova imaxe de Compostela de gran poder significante tanto na propia cidade como no resto de Galicia e do mundo", segundo os seus artí­fices, a propia Ruth Varela e o escritor Miguel Anxo Fernán Vello, coordinador cultural da investigación histórica.

O acto contará coa presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, e o escri­tor e membro da Real Academia Galega (RAG Salvador García Bodaño, autor dun texto inédito sobre a Flor de Santiago, á que define como "un símbolo do roibén contra a pedra da resis­tencia e da esperanza".

O proxecto recupera a Flor de Santiago do esquecemento no que caera e expona para convertela en "moderno símbolo da capital de Galicia", din os seus promotores.

Non en balde, a flor, tal e como recordan o auto­res do proxecto, "toma ou seu nome da insignia, en forma de cruz, que os caba­leiros da Orde de Santiago lucían nos seus estandartes e capas, unha simulación de espada con forma de flor de lis en vermello puro".

A mostra, que estará presidida por un exemplar da flor ó natural, recolle unha colección de fotos to­madas en varios lugares de Santiago e onde se reflicte a beleza desta flor que se concibe "coma imaxe ar­quetípica da alma".

A Flor de Santiago (Amai­ryllis formosissima, ou o que é o mesmo, que res­plandece como a máis fer­mosa), preséntase no proxecto como unha flor exótica, solitaria e maxes­tosa, de extraordinaria beleza. Unha flor que é, ante todo, un elemento de comunicación simbólica, debido á súa cor vermella e a súa forma de cruz, e que gra­zas ó proxecto de Miguel Anxo Fernán Vello e Ruth Varela, recuperouse.

Unha recuperación que abre un novo espazo simbólico para a cidade de Santiago e para o culto xacobeo, e que tivo unha gran repercusión fóra das nosas fronte­iras, tal e como quedou pa­tente coa exitosa mostra Galicia en cartel celebrada na cidade de Toulouse. Exposición, por certo, que recibiu catro premios do COAG.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS