Hemeroteca web
|
RSS
Xoves 17.05.2012
| Actualizado 02.02
![]() |
| Pola esquerda, Fernández Naval, Ana Romaní e Antía Otero, que son os finalistas na modalidade de poesía dos premios da AELG |
As obras gañadoras dos premios da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, escollidas polos máis de 400 socios e socias deste colectivo, xunto con Gálix e membros do Colexio de Xornalistas, daranase a coñecer mañá na Cea das Letras, no hotel Porta do Camiño de Santiago de Compostela.
As obras finalistas son, na modalidade de blog literario, Ferradura en tránsito de Xosé Manuel Eyré; O levantador de minas de Alfredo Ferreiro e Trafegando ronseis, de Gracia Santorum e Xosé Anxo Fernández Alonso. En ensaio, A man que caligrafando pensa: do plástico-escritural e da manuscrita novoneyriana, de Carlos Paulo Martínez Pereiro; Elucidacións na sombra. Análise e interpretación de dúas pezas de Carvalho Calero, de Manuel Castelao e O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo, de María Pilar García Negro.
En literatura infanto-xuvenil (AELG-Gálix), os finalistas son Contos para nenos que dormen deseguida, de Pinto Chinto; O pintor do sombreiro de malvas, de Marcos Calveiro, O segredo de Marco Polo, de Francisco Castro e Nota Roja, de Francisco X. Fernández Naval.
O premio á mellor traxectoria en xornalismo cultural 2010 (AELG-Colexio de Xornalistas), corresponderá a Anxo Tarrío, Daniel Salgado, Fran P. Lorenzo, Iago Martínez ou Ramón Nicolás.
En narrativa, O coitelo en novembro, de Marilar Aleixandre; Obediencia, de Antón Lopo; Periferia, de Iolanda Zúñiga; Settecento, de Marcos Calveiro, Todo é silencio, de Manuel Rivas e Xuvia-Neda, de Vicente Araguas, son os finalistas.
En poesía, compiten Bater de sombras, de Francisco X. Fernández Naval; Estremas, de Ana Romaní, e Retro(visor), de Antía Otero, mentres que en teatro son Canibalismo, de Marcos Abalde Covelo; Cínicas, de Teresa Moure e Flores de Dunsiname, de Manuel Lourenzo.
Na modalidade de tradución, os finalistas son Bilbao-New York-Bilbao (Kirmen Uribe), na versión de Isaac Xubín; Lóbrego Romance. Pálida Pantasma. As Lendas Espectrais de Malvadia (Jack Mircala), por Isabel Soto e Randea do alento (Herta Müller), de Marga do Val.
Alén destas categorías, os Premios AELG constan doutros dous galardóns. O de Escritor Galego Universal, outorgado pola Asemblea da asociación ao escritor Antonio Gamoneda, galardón que o distingue como autor que combina a excelencia literaria co compromiso ético.
Un "proxecto de país"
O premio para a Institución será para a Fundación Penzol, por ser "un proxecto de país, creado para permanecer e dar ás novas xeracións o noso legado cultural, e que chanta as súas raíces na necesidade de crear unha biblioteca e un centro de documentación e de estudos da nosa lingua e da nosa literatura".
