Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Maré

monumentos vivos

A memoria das cidades

09.03.2011  Unha nova publicación do Concello de Compostela trata de poñer en valor as árbores senlleiras da Alameda

5.0/5 [3 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN . SANTIAGO

Elvira Cienfuegos co novo tríptico ante ‘A perona’ da Alameda compostelá FOTO: Ramón Escuredo
Elvira Cienfuegos co novo tríptico ante ‘A perona’ da Alameda compostelá
FOTO: Ramón Escuredo

As árbores senlleiras como patrimonio cultural son parte da memoria das cidades. Ese é obxectivo dunha nova publicación do Concello de Compostela presentada onte pola concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos. O tríptico, no que colaboran a Xunta e o Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago, pretende axudar a mellorar o coñecemento sobre estes monumentos vivos, tanto entre a cidadanía de Santiago como entre visitantes, asegurou Cienfuegos.

No 2007, o Goberno galego comezou a regular o catálogo de árbores senlleiras de Galicia e un primeiro decreto incluíu, en Compostela, a carballeira de San Lourenzo como formación senlleira, ademais dunha relación de árbores entre as que se inclúen os eucaliptos, o abeto, e máis a tileira da Alameda. O catálogo incluía tamén os gingkos do Xardín do Pazo de Fonseca.

A Alameda compostelá acolle numerosas árbores dos cinco continentes, árbores autóctonas como o carballo que conforman a carballeira de Santa Susana pero tamén árbores procedentes de Asia, como as camelias ou a árbore das pagodas, de América como as magnolias, árbores de África como o cedro do Atlas, a carón dos estanques, ou árbores de Australia como os eucaliptos. "Nesa diversidade", subliñou a concelleira, "destacan as árbores senlleiras, un cualificativo que pode responder a distintos criterios: polo seu porte, dendrometría, idade, rareza, significación histórica ou cultural, interese científico, educativo, estético, paisaxístico ou calquera outra circunstancia que as faga merecentes dunha especial protección".

Cienfuegos presentou o tríptico ao pé do Abies nordmanniana, "un tipo de abeto do que só existen dous exemplares en Santiago, tamén coñecido como A perona, porque a tradición di que foi plantado por Eva Perón na súa visita a Compostela no ano 1947. A concelleira do BNG indicou que esta árbore "mide hoxe máis de 22 m de altura, caracterizase pola súa abundancia de polas, case horizontais e pola abundancia de follas, de 2-3 cm de longo, que rematan escotadas e teñen dúas raias brancas polo envés"

Moi preto están dous exemplares de eucaliptos, situado o terceiro no paseo da ferradura mirando para a Alameda, especies "que proceden de Tasmania e do sur de Australia e introducidos en Galiza por Frai Rosendo Salvado a mediados do século XIX. Son o tres primeiros eucaliptos plantados no noso país, con máis 120 ou 130 anos".

No paseo central, está a Tilia tormentosa, a única das tres árbores senlleiras de folla caduca. Tamén ten máis de cen anos de vida.

O tríptico recolle información sobre estas e outras árbores do conxunto, a mais de referencia a outras, a elementos construídos. Editáronse 6000 exemplares en galego e 1500 en inglés, que se distribuirán desde o Centro de Interpretación da Alameda, dependencias municipais ou através da Oficina de Turismo.

FUNDACIÓN DE LA FUENTE

Propoñen un Manual de boas prácticas para preservar as especies

En España, a maioría de árbores singulares "non teñen dereitos", dixo o experto Bernabé Moya, do Observatorio de árbores singulares da Fundación Félix Rodríguez de la Fuente (FFRF), durante a presentación dunha campaña que inclúe 11 medidas para salvar estas especies, consideradas "monumentos vivos" non só pola súa idade, senón pola "conexión histórica" coas comunidades onde habitan.

Neste sentido, a FFRF enviou ós 8.077 concellos españois e ós principais partidos políticos un Manual de boas prácticas para a conservación das especies, un documento con 11 medidas específicas e un modelo de ordenanza muncipal de protección de Árbores de interese local, co obxectivo de que os partidos incorporen estratexias de conservación nos seus programas electorais, segundo explicou a directora xeral da fundación, Odile Rodríguez de la Fuente.

A aprobacion de ordenanzas municipais é unha das 11 medidas que propón a fundación, que tamén suxire ampliar o espazo vital das árbores vellas e que as obras de urbanización respecten as especies. Neste sentido, consideran "inaceptable" o arranque de árbores vellas para cambialas de sitio "coma se fosen esculturas".

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS