Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 14.12.2018 Actualizado 20:51
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Maré

novela

Moncho Iglesias visita hoxe a Feira do Libro de Vigo

Asinará exemplares de "Tres Cores: Azul"

REDACCIÓN   | 11.07.2010 
A- A+

O escritor Moncho Iglesias asinará hoxe ás 19:00 horas na Feira do Libro de Vigo exemplares da súa primeira novela, Tres Cores: Azul, que tira do prelo Estaleiro Editora.

O encontro co autor está promovido, dentro das actividades da Feira do Libro, pola Libraría Cartabón e Estaleiro Editora. Este acto, así como as varias presentacións do libro que este mes organizará Estaleiro Editora, representa un pouco habitual punto de encontro físico para o público galego co autor de Tres Cores: Azul Moncho Iglesias Míguez, profesor de castelán na Universidade de Belén, Palestina.

Tres Cores: Azul é unha novela chea de lirismo, arriscada e diferente que, pola súa forma innovadora e rompedora, diferente do habitual no mercado galego e internacional, encaixa á perfección no catálogo de Estaleiro Editora, proxecto editorial independente que procura a apertura de novos camiños no sistema literario galego.

Escritor e tradutor, Moncho Iglesias (Vigo, 1974) é Licenciado en Filoloxía Hispánica e doutorando en Filoloxía Galega cunha tese que compara os contos de tradición oral palestinos e galegos. Como poeta publicou, en México, 3"141516 (Indoamericano, 2001) e Oda ás nais perennes con fillos caducos entre os brazos (Positivas, 2007) en Galicia.

Como narrador, gañou o premio Concello de Mugardos do ano 2005 e ten colaborado en diferentes publicacións colectivas, como Relatos libertarios (Ateneo Libertario, 2006). No eido da tradución, destaca a súa tradución do hebreo ao galego da obra de Etgar Keret: 0 condutor de autobús que quería ser Deus (Rinoceronte, 2006).

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS