Fran Pérez e Juan Ramos levarán unha das aventuras musicais da última década en Galicia, o Totem de Narf, ao Indostán, onde actuarán o vindeiro día 16 no Teen Murti Bhavan Auditorium de Delhi e o día 18 no Russian Cultural Center de Katmandú.
Os dous músicos galegos, que se reencontran despois das aventuras musicais compartidas nos Quinindila orixinais, ofrecerán unha versión acústica do último traballo discográfico de Narf.
Totem é un álbum que nace de viaxes emocionais, cheo de influencias árabes, flamencas, brasileiras, africanas? Un álbum de melodías pop que an forma a sons de todo o mundo e que, agora chegan tamén á India e ao Nepal.