Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 14.12.2018 Actualizado 20:51
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Maré

música tradicional

No tecido obreiro e cultural do país

Un libro disecciona o son e o "toque" dos Morenos de Lavadores

FRAN. P. LORENZO . SANTIAGO   | 14.04.2011 
A- A+

AXENCIAS
Os Morenos de Lavadores nunha fotografía do ano 1972
FOTO: AXENCIAS

A comezos do século XX, Lavadores era un populoso concello rural, abeirado a Vi­go, no que medraba con for­za o movemento agrarista. A proximidade á urbe indus­trial contribuíu, andados os anos, a un proceso de prole­tarización crecente dos seus barrios e parroquias e a un estourido do tecido asociati­vo cultural e obreiro no que se podería inscribir o nace­mento, en 1933, dun cuarte­to de gaitas, Os Morenos de Lavadores, que, aínda hoxe, pervive no repertorio e no xeito de tocar non só dos gru­pos tradicionais da comarca, senón no de moitos gaitei­ros e gaiteiras de toda Gali­cia.

Os irmáns Manuel e José Oliveira Blanco constituíron o núcleo dunha formación -verdadeiro laboratorio de formas e xéneros musicais-, que recollía o legado doutros destacados intérpretes do seu tempo como Constante Moreda, Francisco Neira ou os irmáns Barciela. Olimpio Alonso e José Suárez, na per­cusión, achegaríanlle, du­rante máis de vinte anos, o soporte rítmico a un conxun­to que, a finais dos sesenta, inmortalizou o seu estilo e o seu toque en varios rexistros discográficos xa lendarios. Toda a historia dos More­nos, o seu contexto sociocul­tural, as súas influencias, as composicións, as particula­ridades técnicas da súa dixi­tación e ornamentación, as festas, bailes e romarías que percorreron -desde a finca de San Roque ao Teatro dos Campos Elíseos de París- e mesmo a súa participación en dúas películas fican agora nun definitivo libro-DVD do historiador Xerardo Fernán­dez Santomé e do musicólogo Miguel Pérez Lorenzo.

A DATA

No día da República

Publi­cado por Edicións do Cumio, o estudo multimedia compi­la partituras, vídeos e fo­tografías. O libro preséntase hoxe, 14 de abril, ás 20.30 no Marco de Vigo, no cabodano daquela II República que os veciños e veciñas de Lavadores de­fenderon coa súa vida. Aire Morenos!

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS