Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 22.11.2017 Actualizado 19:21
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Maré

lingua

"O noso proxecto xa é viable"

Galicia terá unha rede de escolas en galego o vindeiro curso

PATRICIA HERMIDA . FERROL   | 23.01.2011 
A- A+

Galiza co Galego comezou a impulsar a rede de ensino en galego en 2009

No colo dos avós, moitos nenos coñeceron as andan­zas dos raposos, recolleron os primeiros froitos das maciñeiras ou escoitaron temerosas historias do ho­me do saco. Aquelas casas onde fumeaban as lareiras convertíanse en improvisa­das escolas de galego para os cativos da cidade. Para evitar "que desapareza o ensino do noso idioma na educación infantil", o mo­vemento Galiza co Gale­go implantará no vindeiro curso unha rede popular de escolas para nenos de cero a tres anos. Nestes centros e garderías privadas, os pe­quenos adquirirán os seus primeiros coñecementos en galego.

Segundo Francisco de Li­miar, voceiro da comisión promotora desta corrente social, "vemos que os ra­paces están perdendo os seus referentes na aprendi­zaxe do galego, antes eran os avós pero agora cada vez falan máis en castelán, agás os que viven no mun­do rural". Este movemento xa traballa co sector do pro­fesorado para que escolas infantís das catro provin­cias ensinen en galego en 2011-2012. Neste proxecto de mínimos traballan sin­dicatos como CIG-Ensino, asociacións pedagóxicas e a Unión de Cooperativas de Ensino de Traballo Asocia­do de Galicia, entre outras entidades, "ademáis de pro­fesionais que apoian a edu­cación en galego".

Estes días, a comisión promotora xa conta un­ha recadación superior aos 230.000 euros. A comisión considera necesario un investimento de 300.000 euros para soportar este proxecto. "Con este fondo xa sería viable a nosa rede de educación infantil en galego", indica Francis­co de Limiar. Pero de se­guir adiante a marusía de apoios, Galiza co Galego mesmo podería chegar aos "460.000 euros para garan­tir o ensino na lingua pro­pia", segundo indican os seus membros nun comu­nicado. Este fenómeno chegou onte a Pontedeume.

Galiza co Galego autode­fínese como "movemento social laico, activo e inde­pendente, para non depen­der do que a clase política e os gobernantes decidan". Iniciouse no ano 2009, con­textualizándose na desapa­rición das galescolas e na aparición do Decreto do Ga­lego. Así o indican os seus propios organizadores: "Apareceu logo da agresión da dereita española contra­ria ao galego, que se opón ao seu uso no ensino e que deu como resultado o ac­tual falta de apoio político á educación infantil na no­sa lingua". Galiza co Gale­go denuncia especialmente "un decreto redutor e su­presor". E polo contrario, anuncia o 2011 como "ano do ensino en galego".

Aínda que os centros non cumpran o ratio de nenos para dar clases en galego, a plataforma terá "o colchón económico necesario para ensinar igualmente na no­sa lingua". Escolas privadas e cooperativas xa se apun­tan á futura rede, que "terá este idioma como referente de calidade". Por exemplo: os nenos que aprenden as materias en galego "tamén sacan boas notas noutros contidos e idiomas".

 

FRANCISCO DE LIMIAR

"É anómalo ver un atranco na lingua"

Por que a rede se im­plantará só en centros de ensino infantil?

Porque nesa idade debemos defender o galego, cando os nenos teñen máis capacidade de aprendizaxe. Quere­mos que non se perda a presenza do idioma no seu contorno, con nor­malidade. Que se vexa o galego como atranco é unha anomalía.

Existe unha orienta­ción política neste mo­vemento?

Non queremos que se nos politice. Nós falamos do decreto contrario ao galego. Tamén hai xente da dereita que respecta ao noso idioma, pero hai un sector antilinguas que só defende o in­glés. O noso proxecto é imprescindible. Tamén denunciamos que esta administración botou abaixo o proxecto das galescolas.

Que valores defende?

A importancia do ensino infantil no noso país, e os dereitos dos nenos á súa educación. Nós só defendemos un dereito natural. Unha lexislación contra a educación infantil en galego é realmente al­go contra natura.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS