Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Venres 19.09.2014  | Actualizado 17.49

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Maré

audiovisual

"O Apóstolo" estrearase en xuño no Festival de Annecy

A película, producida e rodada en Galicia, é a primeira de animación estereoscópica que se realiza en Europa

Unha imaxe do filme, dirixido por Fernando Cortizo - FOTO: AXENCIAS
Unha imaxe do filme, dirixido por Fernando Cortizo - FOTO: AXENCIAS

REDACCIÓN   | 20.04.2011 
A- A+

O Apóstolo, do director galego Fernando Cortizo, logrouse coar na Sección Oficial de Festival Internacional de cine de Animación de Annecy, un dos máis importantes do mundo neste xénero. O filme, o primeiro de animación stop-motion estereoscópica de Europa, é o resultado de tres anos de intenso traballo e o Festival de Annecy, que terá lugar do 6 ao 11 de xuño, será a súa mellor tarxeta de presentación internacional, aínda que sexa fóra de concurso.

"Realizar a estrea neste festival", subliñaron onte os responsables da producción, "supón un prometedor percorrido internacional xa que soamente foron seleccionadas un total de quince longametraxes en Sección Oficial".

O Apóstolo conta varias bazas ao seu favor, entre elas que o seu equipo técnico foi formado por especialistas de captura estereoscópica de Coraline, ou por animadores e modelmakers que deixaron a súa pegada en producións tan populares como A novia Cadáver", Chicken Run" e o O señor dos aneis.

A banda sonora da cinta, ademais, foi composta por Philip Glass, Xabier Font e Arturo Vaquero, mentres que os actores protagonistas na versión orixinal foron Jorge Sanz, Geraldine Chaplin, Paul Naschy, Carlos Blanco, Luis Tosar, Manquiña, Celso Bugallo, Isabel blanco, Pico e Pedro Alonso .

A versión americana vai ser interpretada por Gary Oldman, Jeff Goldblum, John Goodman, Martin Landau e Andy García.

A película de Cortizo conseguiu tamén vendas anticipadas e, deste xeito, estrearase a finais de Agosto en toda Latinoamérica con Tyrona Entertainment Group.

A película foi rodada o longo dun ano en Santiago de Compostela, producida por Artefacto Producciones e ROSP Coruna, grazas o apoio de Rosalía Mera.

Tamén contou co apoio de TVE, TVG, IGAPE, ICEX, ICAA,  a Axencia Galega do Audiovisual da Xunta de Galicia, o Concello de Santiago e da firma Martín Códax.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS