Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 14.12.2018 Actualizado 20:51
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Maré

en imaxes

O Museo do Pobo mostra os debuxos de Xurxo Lorenzo

A obra etnográfica do irmán de Xocas

REDACCIÓN   | 15.11.2010 
A- A+

O Museo do Pobo vén de inaugurar a exposición Debuxos de Lobeira. Plumillas de Xurxo Lorenzo e fotografías de Mark Ritchie concibida e realizada pola Fundación Vicente Risco.

Xurxo Lorenzo Fernández (1910-1934) foi unha promesa malograda. Co seu irmán Xaquín, Xocas, iniciouse moi cedo no galeguismo e na cultura no círculo das tertulias de Vicente Risco. Mozo intelixente e apaixonado, autor dunha intensa, malia que breve, obra arqueolóxica e etnográfica, unha septicemia acabou coa súa vida en Zaragoza, a onde a represión antigaleguista dalgúns sectores da Universidade compostelá levara os irmáns Lorenzo.

De Xurxo Lorenzo di Otero Pedrayo, no Libro dos Amigos: "De ter vivido máis anos sería o mestre e o poeta da súa xeración, cumpridor do voto e arelanza de Vicetto e de Pondal. Formado na escola severa, iniciática de Cuevillas, o mozo amigo meu Xurxo Lourenzo traballou con amor e finura as artes do debuxo e das letras antigas. Nestes debuxos, Xurxo Lorenzo pousa o seu ollar na arquitectura, nos cruceiros, nos petos de ánimas e as fotos de Mark Ritchie actualizan a súa visión.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS