Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 26.04.2020 Actualizado 00:00
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Maré

xornada

O que pensan dos libros

Os escritores debaterán en Santiago o día 22 sobre a crítica e a literatura infantil e xuvenil

REDACCIÓN . SANTIAGO   | 18.10.2010 
A- A+

María Pego
Cesáreo Sánchez dirixe a Asociación de Escritores en Lingua Galega
FOTO: María Pego

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e o Consello da Cultura (CCG) celebran o vindeiro venres, 22 de outubro, en Compostela, a II Xornada da Crítica, dedicada nesta ocasión á crítica e a literatura infantil e xuvenil.

Esta nova Xornada, dirixida ás persoas relacionadas co mundo da crítica literaria e coa cultura galega en xeral, quere ter en conta a actividade crítica que se está a desenvolver hoxe no marco peninsular, e para iso contará con representantes da crítica galega, catalá, vasca, castelá e portuguesa.

O presidente do CCG, Ramón Villares, inaugurará a xornada xunto a Cesáreo Sánchez, presidente da AELG e Blanca-Ana Roig, en representación da Sección de Crítica da AELG. A primeira conferencia, dedicada á crítica literaria académica da Literatura Infantil e Xuvenil galega ofreceráa a profesora da USC, Isabel Mociño.

A continuación, Xosé Manuel Eyré, membro da comisión executiva da sección de crítica da AELG abordará a crítica do libro infantil e xuvenil na prensa. Xa pola tarde, afondarase na situación da literatura infantil e xuvenil na crítica literaria ibérica nunha mesa redonda na que intervirán José António Gomes (Escola Superior de Educação do Instituto Politécnico do Porto (Portugal), Mari Jose Olaziregui (Universidade do País Vasco), Mª Victoria Sotomayor (Universidade Autónoma de Madrid), Caterina Valriu (Universidade das Illas Baleares), e que será moderada pola profesora Blanca-Ana Roig Rechou.

DEBATE

A presenza da crítica literaria

O encontro pecharase ás 18.15 horas cun debate entre os asistentes, sobre a presenza e ausencia da crítica literaria sobre a Literatura infantil e xuvenil. Actuarán como moderadoras Mar Fernández Vázquez (USC) e Ana Margarida Ramos (Universidade de Aveiro).

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS