Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 18.10.2018 Actualizado 20:34
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Maré

arte

O surrealismo portugués desembarca na Casa da Parra

Cultura reúne un cento de obras dos artistas lusos Mário Cesariny e Artur Cruzeiro Seixas na mostra "Benvidos a Elsinore", que se inaugurou onte

REDACCIÓN   | 15.10.2010 
A- A+

Os artistas Mário Cesariny e Artur Cruzeiro Seixas, representantes históricos do surrealismo portugués, expoñen dende onte na compostelá Casa da Parra unha selección da súa obra na mostra Benvidos a Elsinore.

A Consellería de Cultura, a través da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, promove esta exposición que ofrece medio centenar de pezas entre óleos, debuxos e esculturas propiedade da Fundación Cupertino de Miranda. O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, afirmou que a exposición se enmarca nos "frutíferos diálogos e intercambios que nos conceden os Camiños de Santiago e o Xacobeo" e que fan "a nosa cultura máis forte, máis plural, máis aberta e máis dinámica". Segundo López, a mostra "deixará unha importante pegada en todos aqueles que paseen por ela e contribuirá a enriquecer a oferta cultural de Galicia de distintas formas".

En palabras do director xeral de Cultura, a través das obras de Cesariny e Cruzeiro Seixas "cumprirase a función de redescubrimento de dous creadores completos e extraordinariamente versátiles, renderase unha homenaxe a dous homes que tiveron que superar o difícil contexto sociopolítico do pasado século na Península Ibérica e revalorizarase a obra de dous magníficos artistas que aínda hoxe non gozan do recoñecemento que o seu legado merece".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS