Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Domingo 20.04.2014  | Actualizado 02.18

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Maré

lingua

O traballo "xusto e ilusionante" da CTNL

A Coordinadora reivindica na súa asamblea a importancia do seu labor, contra os ataques

Manuel Vidal, en primeiro plano, responsable da Coordinadora CTNL - FOTO: torrecilla
Manuel Vidal, en primeiro plano, responsable da Coordinadora CTNL - FOTO: torrecilla

REDACCIÓN   | 27.02.2011 
A- A+

Os membros da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) celebraron este pasado venres en Santiago de Compostela, a súa asemblea anual, e fixeron públicas unha serie de resolucións nas que declaran que traballan para "que os galegos e as galegas poidamos manter a visión do mundo desde a óptica que só nos pode dar a lingua propia do noso territorio".

A entidade que agrupa máis de 200 persoas que traballan profesionalmente a prol do galego consideran o seu traballo como "xusto e ilusionante", xa que o que procuran é "que poidamos chamarlles ás cousas cos nomes xenuínos que aquí se lles deron, e para que poidamos facelo, ademais, con total normalidade". Deste xeito, nas resolucións que na asemblea aprobaron por unanimidade pedirlles a todas as administracións públicas galegas e, nomeadamente, á Xunta de Galicia, que "asuman a obriga e responsabilidade de proxectar publicamente e promocionar o uso e prestixio do galego nas súas accións, campañas, intervencións públicas, etcétera", e que "asuman os obxectivos normalizadores acordados mutuamente".

De cara ás próximas eleccións municipais do mes de maio, instan "a todas as organizacións políticas para que sexan responsábeis no debate sociolingüístico", para o que lles piden responsabilidade e "que non utilicen críticas nin ataques ao proceso de normalización da lingua galega de xeito electoralista". Tamén lles solicitan "que incorporen nos seus programas medidas de apoio á lingua galega", entre as que salientan a creación ou consolidación de Servizos de Normalización. Para facilitar e axudar a todas aquelas entidades, públicas ou privadas, que queiran usar e promocionar o galego, desde a CTNL reclámanlle á Secretaría Xeral de Política Lingüística que convoque as subvencións para a promoción do galego desde as administracións locais ou axudas para a promoción do galego desde as asociacións.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS