Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Xoves 17.05.2012  | Actualizado 02.02

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Maré

idioma

Ola a todos

03.01.2011  O pleno do Senado do próximo día 18 será o primeiro no que se admita a posibilidade de expresarse nas linguas cooficiais do Estado

5.0/5 [4 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN . SANTIAGO

O Senado é a cámara territorial do Estado español e ata agora nela non se admitía falar nas linguas cooficiais FOTO: efe
O Senado é a cámara territorial do Estado español e ata agora nela non se admitía falar nas linguas cooficiais
FOTO: efe

As linguas cooficiais entrarán de froma normalizada no Senado español no primeiros pleno deste período de sesións, os próximos 18 e 19 de xaneiro. A Cámara Alta cumprirá así a reforma do Regulamento acordada por todos os grupos parlamentarios para ampliar o uso das linguas cooficiais, xurdida por mor da iniciativa que presentaron 34 senadores, ningún deles encadrados no nacionalismo español. O uso dos idiomas cooficiais custará 11.950 euros por sesión, cifra moi criticada, precisamente, polo nacionalismo español, que o considera un gasto superfluo. Mentres que as axencias españolas informaron onte polo miúdo do gasto que supón o novo servizo, non informaron pola contra dos postos de traballo que se crearán.

No primeiro pleno do ano, os senadores poderán intervir nas catro linguas cooficiais -catalán, valenciano, eúscaro e galego- durante o debate das mocións. Para que ese debate poida ser seguido por toda a Cámara, o Senado adquiriu 400 auriculares que se colocarán nos escanos e desde os que escoitarán a tradución que realizarán sete intérpretes -tres para o catalán e o valenciano, dous para o galego e dous para o eúscaro-, segundo fontes parlamentarias.

Os intérpretes unicamente traducirán a lingua cooficial ao castelán e non ao revés, isto é, non haberá tradución do castelán a ningunha lingua. Tampouco haberá tradución dunha lingua cooficial a outra.

Os tradutores non estarán fisicamente no pleno xa que o hemiciclo non dispoña de cabinas de interpretación, senón noutra sala do Senado desde a que verán o desenvolvemento da sesión polo circuíto interno de televisión para poder realizar a tradución simultánea.

Así, a Cámara Alta non tivo que realizar ningunha obra de infraestrutura para ampliar o uso das linguas -ata agora restrinxido á Comisión Xeral de Comunidades Autónomas- xa que o único investimento que realizou foi a adquisición dos 400 auriculares.

O Senado destinou ó uso das linguas cooficiais unha asignación de 350.000 euros nos seus Orzamentos para 2011, que inclúe non só o servizo de tradución nos plenos, senón a transcrición escrita na lingua correspondente que se incluirá a partir de agora no Diario de Sesións.

Dos 350.000 euros asignados, 250.000 serán para as traducións nas sesións plenarias, e 100.000 para a Comisión Xeral das Comunidades Autónomas.

A primeira ocasión en que se oirán as catro linguas cooficiais será esta sesión plenaria extraordinaria dos días 18 e 19 de xaneiro, cuxo orde do día deberá decidir a Deputación Permanente o día 11.

Do mesmo xeito que ocorreu no pasado mes de xullo, o Senado celebrará este pleno extraordinario nun período no que tradicionalmente houbo "vacacións parlamentarias", posto que a Constitución establece que as sesións plenarias celebraranse de febreiro a xuño e de setembro a decembro.

A reforma do Regulamento que permite o uso limitado das linguas cooficiais no pleno foi ratificada o pasado 21 de xullo co voto en contra do PP. O PSOE defendeu sempre que a súa posta en marcha non aumentou o Orzamento do Senado que, ata, se reduciu nun 6,2 por cento para 2011.

"O GALEGO ESTÁ MONOPOLIZADO POR GRANDES INTERESES ECONÓMICOS", DI ELA

Lago pídelle a Blecua "sensibilidade"

As palabras do actual presidente da Real Academia Española (RAE), José Manuel Blecua, sobre a idoneidade de practicar a inmersión lingüística para protexer as linguas cooficiais, non agradaron nada á presidenta da asociación Galicia Bilingüe, Gloria Lago, que lle remitiu unha carta aberta onde subliña que "a conservación de las lenguas diferentes del español está siendo monopolizada por sectores con grandes intereses económicos, por grupos de poder e incluso por algunos fanáticos que han pasado del enamoramiento a la obsesión".

Tamén indica Lago, para arremeter contra a inmersión, que "en el caso de Galicia la mitad de la población según algunos estudios, que quieren que sus hijos acaricien palabras como abedul, alondra, o amapola, palabras bellas que empiezan con la a de amar y que hoy no figuran en sus libros de texto, palabras que en muchos casos los padres no usamos en nuestra vida diaria y que esperamos que les enseñen en el colegio"

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS