Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Sábado 25.10.2014  | Actualizado 13.21

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Maré

Oza pospón o Entroido

Botáronlle máis que valor pero non puido ser. O primeiro gran desfile do En­troido do Ulla na comar­ca perdeu a batalla contra a tormenta. A saída dos xenerais, carrozas e comparsas da parroquia de Oza foise atrasando ata preto da unha da tarde esperando unha tre­gua que non chegou. O mal tempo obrigou a adiar a festa ata o 20 de marzo.

MÓNICA GONZÁLEZ   | 21.02.2011 
A- A+

Os xenerais, que no canto de galóns luciron imper­meables, atrevéronse a dar os primeiros vivas no campo de Agoso, pero unha intensa pedrazada deulles a es­tocada final ás ilusións dos participantes, que levaban semanas prepa­rando o seu desfile, os traxes e as coplas.

E aínda que algún pro­puxo desafiar a tormen­ta, acudindo ata ós prognósticos de Internet, ao final, en vista do risco, decidiuse aprazar a cita pa­ra o próximo 20 de marzo, prolongando así a axenda carnavalesca en Teo. A Lei antitabaco será a gran protagonista, con orixinais propostas, que onte se deixaron ver na in­tentona errada, como a da carroza bautizada As ca­bichas de Oza.

Os máis pequenos tamién viron truncada a ilu­sión de lucir os seus disfraces, nunha xornada onde tam­pouco a raíña do entroido puido presumir de coroa. A comparsa da Roja, na que non faltaba nin Sa­ra Carbonero nin a copa do mundo de fútbol, foi outra das que se achegou ata Agoso. O ánimo non decaeu e a charanga, enfundada en traxes de cigarro, seguiu soando no local social. Agora esperan que a nova data chegue con bo tempo.

O tradicional Entroido do Ulla volverá ó destaca­mento teense a próxima fin de semana coa cita de Reis. Seguiranlle Cacheiras e Recesende. Haberá que esperar ata o próximo sá­bado para ver na área de Compostela as primeiras batallas dialécticas de xene­rais e correos, e o colorido do desfile, en citas como a de Reis, Lamela (Silleda), a estradense de Santeles ou a de Merza (Cruces).

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS