Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 22.11.2017 Actualizado 19:21
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Maré

CONCERTOS

Pablo Díaz conta "Tic-Tac"

REDACCIÓN   | 23.12.2010 
A- A+

O Multiusos do Sar, en Compostela, acolle hoxe o concerto Tic-Tac, co que dá comezo a programación para familias do ciclo Nadal xogo, organizado polo Concello de Santiago, a través do Departamento de Educación e de Deportes.

Tic-Tac é un traballo musical do cantautor Pablo Díaz, no que dunha maneira lúdica, se fai un percorrido por distintos ritmos nos que se abarca a universalidade da música. Aparecen melodías e instrumentos moi variados para enriquecer esa música.

O tratamento musical tamén varía de tema a tema. As cancións abordan cada unha un ritmo musical distinto ou unha temática diferente. E con varios instrumentos: da música clásica, do jazz, do folk e mesmo da música tradicional.

Dentro do disco Tic-Tac aparecen diversas temáticas. Hai temas coñecidos por todos os nenos de Compostela, como Un dous tres, que ves? E tamén cancións nas que se fai referencia a elementos da casa e da cociña, a natureza, o mar ou os animais. Cómpre salientar ademais que é un traballo para compartir entre pais e fillos.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS