A exposición Poesía para ver/Poesía para ler segue a súa xira. O vindeiro día 6 de febreiro inaugurarase na Galería Sargadelos de Ferrol, onde permanecerá até o día 28 de febreiro. Compartirá espazo cunha mostra de fotografías do poeta Eduardo Estévez, realizadas para o seu traballo Os veos da paisaxe. Poesía para ver/Poesía para ler é un proxecto impulsado polo escritor Igor Lugrís. A mostra consta dunha serie de carteis que integran a imaxe e a poesía, escrita, esta última, como unha obra colectiva na que diferentes persoas achegan versos para compor cada poema.