Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 14.12.2018 Actualizado 20:51
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Maré

maré hoxe

Polémica no Castro Lupario

A Fundación Propatrimo­nio Rois rexeita a versión facilitada desde a Direc­ción Xeral de Montes sobre a “respectuosa” roza que pelou o lupario en Brión, e deixa claro que se meteu maquinaria ata as proxi­midades da segunda mu­ralla... porque había outra que aínda se conserva “en di­ferentes alturas en todo o perímetro do xacemento”, e cuxas pedras agora “están movidas”. Para a fundación, a roza afectou ao castro máis importante da comarca.

M. MANTEIGA   | 26.06.2010 
A- A+

mmo
A maquinaria pesada desbravou até as murallas do castro para proceder ás rozas das devasas do monte
FOTO: mmo

A xerencia de Propatrimonio Rois non está nada convencida coas explicacións da Consellería de Medio Rural e cre que na limpeza do castro se excedeu: "Foi con maquinaria ata a mesma muralla principal", e lémbranlles ós técnicos de Medio Rural que "un castro non só é o que está dentro das murallas, senón que os seus recintos anexos son tan importantes ou máis que a mesma coroa". De calquera forma, consi­deran incontestable un dato: "O Castro Lupario ten un segundo recinto mural, do que se conserva, en dife­rentes alturas e en todo o perímetro do xacemento" e engaden con firmeza que "por onde pasou a limpeza non queda nada, as pedras están movi­das e podémolas atopar na faldra do monte moi lonxe da súa localización".

En canto á área de pro­tección -que suma douscentos metros-, debe empe­zarse a contar sempre desde a primeira liña de defensa, precisamente a máis sensible e da que quedan menos indicios na actualidade. "Isto implica que calquera actividade que se faga debe ser super­visada por un arqueólogo", subliña Nina Alvela, xerente de Propatrimonio.

Fronte a estes datos, na Consellería de Medio Rural facían fincapé en que o uso de maquinaria se limitou á faldra do castro, utilizándose medios manuais no con­torno da muralla, e que se primou o respecto nunha actuación que consideran "superficial". Desde o Con­cello de Brión tamén critican que non os informaran destes labo­res, e as trabas que hai anos puxo a Ad­ministración para rozar a mesma zona e poñela a salvo dos incendios, "sempre con medios ma­nuais", aseguraba o rexedor Xosé Luis García.

E este dato tamén o teñen presente na Fun­dación Propatrimonio Rois, apuntando que "o Concello de Rois e o Concello de Brión levaron a cabo varias campañas de limpeza ma­nual, con supervisión ar­queolóxica e cos permisos pertinentes da Dirección Xeral de Patrimonio", un labor no que tamén puxeron o seu gran de area.

"Este é o castro máis im­portante da zona, de aí que se estea declarando Ben de Interese Cultural", con­clúe Alvela, non sen antes deixar claro que á Direc­ción Xeral de Montes "non lles custaba nada levantar o teléfono, contactar cos seus compañeiros do Ser­vizo de Arqueoloxía e que eles os guiasen nas limpezas".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS