Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 16.08.2019 Actualizado 13:34
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Maré

patrimonio

Policromía en esplendor

Un programa de visitas virtuais, que se abre o 2 de agosto, permítelles aos visitantes descubrir as cores orixinais do Pórtico da Gloria

A. CALVO . SANTIAGO   | 28.07.2010 
A- A+

O Pórtico que labrou o Mestre Mateo estaba iluminado por cores vivas

Azul, vermello, amarelo, verde e ouro. O Pórtico da Gloria que rematou o Mestre Mateo non era un sobrio conxunto de esculturas en cor gris senón unha portada iluminada por cores vivas á que agora, en pleno proceso de restauración, poderán achegarse os visi­tantes da Catedral. Unha vez pechado o programa de visitas ás estadas da obra cumio da escul­tura románica galega, polo que pasaron preto de 20.000 persoas, o próximo día dous de agosto ábrese unha nova porta: unha mostra na que a realidade virtual en tres dimensións per­mite volver a vista atrás nove séculos e contemplar en todo o seu esplendor a po­licromía do Pórtico que labrou o Mestre Mateo.

Para permitir que a pin­tura se fixase nas esculturas, o conxunto recubriuse dunha fina capa de prepa­ración sobre a que se aplicou a cor. Co paso do tempo esa capa foise levantando e despren­diendo. En varios momen­tose ó longo da historia volveuse aplicar policro­miña ás esculturas.

No último século leváronse a cabo tarefas de con­servación ou restauración que non evitaron que o po se fose acumulando sobre as figuras, de forma que o Pórtico adquiriu un aspecto gris uniforme e, o que é máis grave, o seu pro­ceso de deterioración ace­lerouse. Filtracións de auga desde a cuberta e a torre sur, que está cegada e un foco de humidade, aceleraron nos últimos anos a perda da capa de policromía.

Hai xa dúas décadas limpouse parte da superfi­cie do pantocrator, sa­cando á luz parte da policromía que se conser­vaba. Con todo, a res­ponsables das tarefas de restauración estiman que apenas se conserva un dez por cen.

A visita virtual que se habilitará na cripta da Catedral e inaugurarase o día 2 de agosto, será gra­tuita e dunha duración de vinte minutos. Farase con cita previa, concertada a través da web www.fun­daciónbarrie.org ou na propia Catedral.

 

Nova tecnoloxía para achegar facetas inéditas

A nova exposi­ción, comisa­riada por Francisco Prado Vilar e Gaël de Guiche, dous dos membros do Co­mité Científico do Pro­grama Catedral, recorre ás máis novas tecnolo­gías para achegar ós visi­tantes unha faceta ata agora non accesible do pa­trimonio artístico da Ca­tedral.

Na cripta haberá dúas áreas, unha de acceso libre e outra con reserva previa. Nesta última ofertarase a visita virtual ó Pórtico, un audiovisual da Catedral e as réplicas en madeira dos instrumen­tose do Pórtico. Estes últi­mos tamén serán accesibles, na área de en­trada libre, nunha visita virtual de realidade aumentada que permitirá ós visitantes interactuar con eles e é­cuchar o son que pro­ducen.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS